Nun excelente edición no que se conseguiron un bo número de mellores marcas personais, o máis salientable en canto a rexistros nas probas de velocidade foron os 7.78 de Nerea Martínez de O Pino logrando o título autonómico na proba dos 60 m. Xunto á gañadora tamén resultaron salientables os 7.90 de Antía Pernas do Lucus así como os 7.93 e Celia Castro do Mazí prata e bronce respectivamente. Na categoría masculina o ouro correspondeu cuns excelentes 7.13 a Antón Cillero do Riazor Coruña, quen repetía medalla, desta vez de prata, sobre os 200 m. con 22.88, e cuxa distancia tendría no céltico Javier de la Fuente con 22.80 ao campión galego.
Nos 400 m. o principal favorito Fabian Parada do Barbanza lograba unha victoria axustada con 50.80 sobre Dario Núñez do Mazí quen deixaba moi boas sensacións e remataba a catro centésimas do medallista de bronce nacional de aire libre do ano pasado. Pola súa banda e sobre a mesma proba, Alicia Barreiro do RIA Ferrol efectuaba unha carreira en solitario que completaba con 58.47.
Interesante e disputada foi a proba dos 800 m. con tres atletas baixando dos dous minutos. O máis rápido foi Ricardo Negrete do Atletismo Ferrol con 1:56.49 compartindo podio con Daniel Salgueiro do Coruña Comarca con 1:57.25 e con Adrián Ribadulla do Ría Ferrol con 1:58.14
Novamente a internacional Xela Martínez, como xa nos ten acostumados, lograba un destacado rexistro desta vez sobre os 1.500 m. con 4:31.09 xunto aos tamén destacados 4:42.70 de Amparo Corredoira e os 4:55.68 de Estela Díaz.
Os 3.000 m. foron domiñados por atletas lucenses con triunfo final para Teo de Frutos con 8:51.24. Xunto ao atleta do Lucus Caixa Rural, tamén estiveron nas zonas de medallas Miguel Alvariño con 8:52.89 e Pepe Sánchez del Valle con 8:57.30 ambos da Escola Atlética Lucense.
No apartado de concursos, Unai Loureiro do Riazor Coruña realizaba un excelente campionato impoñéndose con 13.50 m. nun emocionante concurso de triplo a Roi Rial do C.A Santiago. O saltador coruñés redondeaba a súa actuación co título autonómico en lonxitude no que voaba ata os 6.84 m. Sen abandonar os saltos Martina Gutiérrez do Celta foi outra das atletas destacadas sobre o concurso de altura logrando o título galego cun rexistro de 1.60 m.
Bos resultados e mínimas para os nacionais no galego de combinadas
No campionato Galego de combinadas Sub18 masculino triplete para os atletas da Gimnástica con triunfo para Matías Moldes cunha excelente puntuación de 4.444 puntos seguido de Alejandro Villaverde con 4.326 e Paco Lamas con 4.026 p. Nas mulleres foi Carmen García do Maderas Barcia quen se facía co título galego cun total de 2507 puntos seguida por Daniela Andrea Laya do Riazor Coruña e por Noa Rey de A Silva.
Por último no campinato de combinadas Sub16 o titulo femino recaería na lucense Carla Allegue con 2.888 puntos seguida de Victoria Pampillón da Agrupación Viguesa e de Zaira Rodríguez do C.D.La Purísima. En homes un excelente Nuno Castro do Millaraio volvía lograr a mínina de participación nos nacionais ao rematar o seu hexatlón con 3.672 p. compartindo podio con Tomás Adega da Gimnástica e Tesfayé Chao de A Silva.