Cooperación

Baltar destaca “o altruísmo e eficacia” do Banco de Alimentos

Manuel Baltar reiterou a cooperación co Banco de Alimentos de Ourense “para que siga desenvolvendo o seu labor onde exista a necesidade en calquera punto do territorio provincial"

Óscar Gómez

Ourense | 03.05.2021 08:06

Baltar destaca “o altruísmo e eficacia” do Banco de Alimentos
Baltar destaca “o altruísmo e eficacia” do Banco de Alimentos | onda cero

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial ao presidente do Banco de Alimentos de Ourense, Cecilio Santalices, e ao tesoureiro da Federación española de Bancos de Alimentos (FESBAL), Gregorio Pérez, a quen agradeceu o traballo que desenvolve esta entidade na provincia, así como o compromiso de continuar coa alianza por parte da Deputación de Ourense, “resaltando o apoio ofrecido pola institución provincial no inicio da pandemia, accións que converteron á Deputación de Ourense na máis social da nosa historia”, expresou Baltar.

O presidente do goberno provincial salientou: “Seguiremos ofrecéndolle o noso apoio ao Banco de Alimentos en temas loxísticos, axudas económicas ou en calquera cuestión na que a Deputación poida prestar o seu servizo”, remarcando o destacado papel que estas organizacións levan a cabo no ámbito nacional “aínda máis nun momento tan difícil como o actual, onde demostran utilidade, altruísmo e eficacia ao servizo da sociedade”. Manuel Baltar reiterou a cooperación co Banco de Alimentos de Ourense “para que siga desenvolvendo o seu labor onde exista a necesidade en calquera punto do territorio provincial, mantendo viva esa alianza, porque no ADN da Deputación están os servizos a prol da veciñanza”.