Parque Infantil

A area recreativa de Cachamuiña “máis inclusiva e segura” cun parque infantil reformado

As instalacións para nenos e nenas contan con chan de caucho, un columpio para cadeiras de rodas e unha árbore solar que funciona como punto de recarga de teléfonos.

Onda Cero Ourense

Ourense |

A area recreativa de Cachamuiña “máis inclusiva e segura” cun parque infantil reformado
A area recreativa de Cachamuiña “máis inclusiva e segura” cun parque infantil reformado | Onda Cero Ourense

As mellora executadas no parque infantil de Cachamuíña, área recreativa no Concello de Pereiro de Aguiar xestionada pola institución provincial poñen en valor o carácter “inclusivo” das reformadas instalacións, xa que se incorporaron elementos adaptados a nenos con necesidades especiais.

“Melloramos seguridade e fomentamos a inclusión social nun área recreativa de referencia, moi demandada pola veciñanza da cidade e da súa contorna”, resaltou o presidente provincial.

As obras, que contaron cun investimento próximo a 43.000 euros, supuxeron a instalación dun columpio de integración para cadeiras de rodas, dotado de sistemas de peche e elementos de impulsión autónoma. Ademais, conta cun corredor de acceso adaptado, eliminando as barreiras arquitectónicas. Tamén se substituíu o antigo chan de area por un pavimento continuo de caucho, que absorbe os impactos e incrementa a seguridade. Ademais, permite un desprazamento cómodo das persoas con mobilidade reducida.

A area recreativa de Cachamuiña “máis inclusiva e segura” cun parque infantil reformado
A area recreativa de Cachamuiña “máis inclusiva e segura” cun parque infantil reformado | Onda cero

Unha árbore solar para un espazo máis sostible e conectado

De xeito complementario, a Deputación levou a cabo a instalación dunha árbore solar na área recreativa de Cachamuíña, reforzando o carácter innovador e sostible deste espazo natural. Este equipamento permite ás persoas usuarias recargar dispositivos electrónicos mediante enerxía solar, integrándose de forma respectuosa na contorna. A árbore solar conta con dous paneis fotovoltaicos, ademais dunha mesa de apoio, como punto de descanso funcional e moderno.

O investimento destinado a esta actuación concreta foi de preto de 10.000 euros, financiado integramente pola Deputación, no marco do seu compromiso coa eficiencia enerxética e a mellora dos espazos públicos.

A area recreativa de Cachamuiña “máis inclusiva e segura” cun parque infantil reformado
A area recreativa de Cachamuiña “máis inclusiva e segura” cun parque infantil reformado | Onda cero

Máis de medio millón de euros en impulsar un entorno natural de lecer

As melloras do parque infantil que visitou hoxe Menor forman parte do investimento global da Deputación na contorna de Cachamuíña, que ascende a máis de 560.00 euros. Así, ao parque infantil inclusivo, súmanse outras obras xa executadas como a nova pasarela peonil e un parque canino, de recente apertura na zona.

Client Challenge

Tamén hai zonas de calistenia, o parque da Igualdade e aparcadoiros novos para dar cobertura á alta demanda da veciñanza que se despraza a diario a esta zona recreativa.