Concello de Allariz

A Andaina de Allariz xa está en marcha

A edición da XXIV Andaina constará dunha ruta longa de 22km e outra curta de 10km pensada para os máis mozos ou familias con nenos e nenas.

Óscar Gómez

Ourense | 08.06.2023 08:38

A Andaina de Allariz xa está en marcha
A Andaina de Allariz xa está en marcha | onda cero

Co obxectivo de facilitar a participación daquelas persoas que habitualmente traballan os sábados, no 2019 a área de deportes de Allariz tomou a decisión de cambiar a data de celebración e reducir o itinerario para favorecer que o percorrido poda cambiarse e coñecer e gozar doutros espazos da Reserva da Biosfera.

A edición da XXIV Andaina constará dunha ruta longa de 22km e outra curta de 10km pensada para os máis mozos ou familias con nenos e nenas. Como explicaba o técnico de deportes, Roberto Naranjo, a saída da etapa longa serás ás 09:00h da Alameda de Allariz, cunha dificultade media. O percorrido desta etapa percorrerá diferentes recunchos do noso concello..

A etapa curta será ás 11:00h sendo a dificultade baixa percorrendo as marxes do río Arnoia nunha ruta circular de Allariz ao Ecoespazo O Rexo. O prazo de inscrición estará aberto ata o 16 de maio. Cun prezo de 12€ público adulto e de 8€ para nenos e nenas de ata 8 anos, ademais de servizos de avituallamento, comida, masaxistas e duchas para o final da etapa.