Ourense Cidade

O Alcalde cesa ó interventor municipal que o denunciou por acoso laboral

A decisión foi tomada na mesma semana na que tivo lugar o xuicio no que Alonso denunciou ó rexidor por acoso laboral.

Paco Sarria

Ourense | 19.04.2024 12:08

O Alcalde cesa ó interventor municipal que o denunciou por acoso laboral
O Alcalde cesa ó interventor municipal que o denunciou por acoso laboral | La Región

O Alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome tería ordenado o cese no seu posto de interventor de Gonzalo Alonso, asignándolle outras funcións na facenda municipal, segundo confirmaron a Onda Cero fontes municipais. A decisión foi tomada na mesma semana na que tivo lugar o xuicio no que Alonso denunciou ó rexidor por acoso laboral.

Imagen de Gonzalo Pérez Jácome tras su investidura. Europa Press
Imagen de Gonzalo Pérez Jácome tras su investidura. Europa Press | Europa Press

O BNG vincula o cesamento ao intento do Goberno Local de tapar a grave situación económica do Concello de Ourense

Os nacionalistas vinculan o cesamento dos máximos responsables da fiscalización económica municipal ao feito de que “o actual Goberno Local non quere a ningúen que cuestione nada do que se fai e alerte sobre os continuos incumprimentos dos procedementos e da legalidade que debe rexer nunha administración pública xa que o Alcalde, a miúdo, pensa que xestionar o Concello é o mesmo que xestionar Jolper”.

Luís Seara ten claro que ambos cesamentos teñen por obxectivo, “poder tirar cara diante sen ningúen que cuestione o que se fai. Preténdese tapar a grave situación económica na que se atopa a día de hoxe o Concello de Ourense, consecuencia dunha nefasta xestión ao longo dos últimos cinco anos con PP e DO, ben sexa xuntos ou separadamente gobernando o Concello”.

Seara lembra que, “a día de hoxe temos preto de 15 millóns de euros na conta 413, algo nunca visto e ao que haberá que facer fronte nalgún momento. Preto de 30 millóns sen contabilizar e correspondentes ás reclamacións das empresas concesionarias. O cumprimento da sentenza de anulación do capítulo I o que xa está a provocar moitos problemas para o pagamento das nóminas do persoal municipal así como sentenzas varias pendentes de executar e que sitúan ao Concello nunha situación moi delicada desde o punto de vista económico, algo que vímos advertindo desde hai tempo no BNG”.