O alcalde anuncia a rebaixa dun 40% do imposto de vehículos nos últimos anos de mandato
Gonzalo Jácome lembra que no anterior mandato se pactara baixar o 20% do IBI, en beneficio dos cidadáns
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, confirma que durante o mandato reducirá un 40% o imposto municipal de vehículos de tracción mecánica, que non se poderá facer antes debido á incertidume orzamentaria na era post-covid19, así coma o compromiso do goberno municipal na área socialdurante este ano 2020, ao aprobar 3 millóns de euros máis para poder facer fronte ás necesidade que existen e para axudar a todas as persoas en risco que se incrementaron a consecuencia da pandemia.
É por isto que este ano manterase a mesma taxa municipal de vehículos, explica o alcalde, para anunciar que a partir de xaneiro de 2021 empezarase a traballar dende o departamento de Facenda, que dirixe a concelleira Ana Fernández Morenza, na modificación do dito imposto de vehículos para levar a cabo esa rebaixado 40%, para dese xeito implantala nos recibos posteriores á súa aprobación, fixando como previsión os dous últimos anos de mandato do goberno municipal.
Esa porcentaxe de redución que se aplicará é o máximo permitido pola lei, xa que supón eliminar ocoeficiente do aumento que é á discreción de cada concello. Para indicar o rexedor que baixar o 40% o imposto no Concello de Ourense suporía ir ao mínimo posible que permitiría oEstado español, xa que é obrigatorio cobrar o mínimo fixado en toda España.
Neste sentido, Gonzalo Pérez Jácome, lembra que esta acción foi unha “reivindicación histórica” do grupo de Democracia Ourensana nos últimos anos, unida á baixada do 20% do Imposto de Bens e Inmobles (IBI) que xa se fixo efectivanas negociaciónsque se levaron a cabo co grupo do Partido Popularno anterior mandato, e nas que participara de forma activa Fernández Morenza. O alcalde teno claro e considera a rebaixa do imposto de vehículos como “algo posible e fundamental”, xa que se trata dunha medida “que aumentará o censo municipal de Ourense cidade, por ser miles as persoas que están cesadas noutros municipios simplemente por sero imposto de vehículos mais económico”.
O alcalde espera que esta baixada leve consigo “un retorno de censados, xa que está constatado pola estatística, que nos últimos 10 anos moitos ourensáns se empadroaron en concellos limítrofes para pagar menos polo seu coche ou flota de coches de empresa”. E indicar, como outra vantaxe da medida de rebaixa impulsada por Gonzalo Jácome, a de “recuperar poboación censal, polo que o Concello aumentará os ingresos do Estado español por habitante, o cal paliará a redución dos ingresos do imposto en si”, indica.