O campionato está patrocinado polo Concello de Ourense e a Secretaría para o Deporte da Xunta de Galicia e organizado pola Federación Galega de Judo. Trátase do XIX Torneo Cidade de Ourense, que reunirá a 140 destacados judokas de España e Portugal nacidos entre 2004 e 2009.
Por parte da provincia competirá a ourensá Leire Carrera Prieto en -57 quilos. Será unha gran experiencia para ela medirse contra os mellores do país na súa propia casa.
A competición comezará o sábado 6 ás 9.30 horas coas eliminatorias e play-off. Ás 13.00 horas será a quenda das finais e ás 14.00 horas a entrega de medallas. As pesaxes terán lugar o venres día 6 ás 20:00 h. O sistema de competición será a eliminación directa con dobre play-off cruzado. Os combates serán de catro minutos.