Sanidad

O Psoe reclama "reformular" a atención primaria en Ourense

A iniciativa socialista tamén demanda a incorporación progresiva dun maior número de profesionais antes do fin de 2021 e a execución dunha ampla mellora das súas condicións laborais.

Marga Pérez, Valcárcel e Villarino reclamaron “melloras inmediatas” nos servizos dos centros de saúde ourensáns “en base ao reclamado polos profesionais” e agradeceron o seu fundamental traballo na pandemia.

Infraestructuras

A futura lei do cilco da auga ferramenta para mellorar as depuradoras municipais

Vázquez Mourelle destaca que a lei, que se está a tramitar coa máxima transparencia e participación, fixará un marco normativo para ordenar, reforzar e estender o apoio da Xunta aos concellos en materia de augas.

Sinala que o modelo, que non crea ningunha taxa nin sobe as que xa hai, estará ao servizo dos concellos que pidan que a Xunta lles axude a xestionar os servizos da auga. O abastecemento, a depuración e o saneamento son competencias dos concellos, pero a maioría das Administracións locais teñen grandes dificultades para exercer de forma axeitada esa responsabilidade.