Infraestructuras

Rehabilitación da praza de abastos de Viana do Bolo

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, abordou co alcalde de Viana do Bolo, Abelardo Carballo, proxectos de interese para o concello, entre os que se atopa a rehabilitación da praza de abastos para a que confirmou a implicación da Administración autonómica.

Infraestructuras

A Xunta licita a redacción do proxecto construtivo da rolda leste de Ourense

A actuación comezará en Bemposta cunha glorieta na confluencia das estradas OU-105 e OU-510 e finalizará con outra que dará acceso ao enlace sur da A-52. A conselleira salienta que esta infraestrutura completará unha circunvalación perimetral que terá funcionalidade para o conxunto da área de Ourense.

Vázquez Mourelle sinala que a actuación permitirá reducir o percorrido desde Bemposta ata a N-525 e a A-52, desde os 4,6 km e 7 minutos actuais ata 1,7 km e pouco máis de 1 minuto.A intervención reforzará a seguridade viaria, sacando tráfico do centro de Ourense e desconxestionando rúas como Marcelo Macías ou a avenida de Zamora.