Concurso

Dez centros de ensino participan nunha nova edición de "escola verde"

Trátase dun programa que ten por obxectivo acadar cambios de comportamento e fomentar actitudes responsables co medio ambiente en todos os aspectos do eido escolar. Así, cada centro escolle unha temática sobre a que traballar durante o curso escolar, para concienciar aos alumnos no respecto pola biodiversidade e a natureza desde as idades máis temperás. Entre as propostas destacan temas tan innovadores como a arquitectura bioclimática e a súa importancia como sumidoiro de CO2, presentada polo IES Valga.

Salgado Congelados

Salgado Congelados nos leva a Tapería Acio

Un día máis "Salgado Congelados" invitou a profesionais e particulares a sumarse ao concurso "La receta de tu vida". Nesta ocasión a convidada foi Luz Rosendo de Tapería Acio con quen disfrutamos das especialidades en pulpo, mariscos e caldeiradas.

Concello de ourense

Concello, Administración Central e Autonómica comprometen o investimento de máis de medio millón de euros nas áreas de rehabilitación de Ourense

A concelleira de Urbanismo, Sonia Ogando, a ministra Raquel Sánchez e a conselleira de Vivenda, Ángeles Vázquez, asinaron en Santiago o convenio de colaboración.

O programa de axudas dará a poio a actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas, incluídas as unifamiliares, de urbanización ou reurbanización de espazos públicos ou, no seu caso, de edificación de edificios ou vivendas en substitución de edificios ou vivendas xa demolidos. Entre as obras subvencionables están as de instalación de ascensores, a reparación de cubertas e fachadas, a mellora da accesibilidade ou a instalación de calefacción, entre outras.