Concello de ourense

Ecoloxistas en Acción Ourense denuncia a desfeita ambiental realizada arxes do río Barbaña ao seu paso pola cidade

Acusan á Concellaría de Medio Ambiente de Ourense e á Confederación Hidrográfica

Miño-Sil de non prestar á debida consideración ás normas de protección das canles fluvias e da fauna e flora do río Barbaña.

O río Barbaña está sometido, desde hai moitos anos, a continuos impactos ambientais, vertidos e mal saneamento das depuradoras do polígono de San Cibrao.

Solicitan a derogación da Ordenanza Municipal de Limpeza de terreos e solares de Ourense do ano 2016 por non axustarse a medidas de conservación da biodiversidade.

Óscar Gómez

Ourense | 07.12.2021 11:21

Ecoloxistas en Acción Ourense denuncia a desfeita ambiental realizada arxes do río Barbaña ao seu paso pola cidade
Ecoloxistas en Acción Ourense denuncia a desfeita ambiental realizada arxes do río Barbaña ao seu paso pola cidade | onda cero

Ecoloxistas en Acción Ourense denunciou ao concello de Ourense, á Confederación Hidrográfica Miño-Sil e ao SEPRONA, polas actuacións ecolóxicas que levaron á destrución da biodiversidade do río Barbaña ao seu paso pola cidade de Ourense. Trátase dunha deforestación indiscriminada da vexetación ripícola dun tramo fluvial na que se tallaron varias especies e trituraron miles de arboriñas e prantas ornamentais (cipreses, enebros, salgueiras, cotoneaster, pyracanthas, nandinas, berberis, bolas de neve, spiraeas) sen observar as limitacións impostas xuridicamente. Durante a talla realizada deixaron abundantes restos de árbores e restos vexetais no propio leito do río. Ademais, realizouse unha curta a nivel de chan, destruíndo a vexetación a ambas marxes cos prexuízos que supón para a fauna ligada ao ecosistema fluvial.

A asociación Ecoloxistas en Acción, xunto a outros colectivos da cidade, fixeron unha denuncia pública onte día 6 na ponte de Ervedelo ao seu paso polo río Barbaña. Día que, precisamente, se conmemora a Constitución, a lei de leis, que establece no seu artigo 45 o deber e os dereitos dos poderes públicos e da cidadanía de velar por un medio ambiente axeitado. As premisas constitucionais, respecto ao medio ambiente, son reiteradamente incumpridas pola administración local coas podas inxustificadas ás árbores, co abandono dos espazos verdes, coa falta de limpeza de residuos do río e pola mal chamada “limpeza de maleza” do Barbaña.

“Existe un descoñecemento sobre a necesidade de preservar a flora das canles dos ríos urbanos”, din desde a asociación e declaran que “solicitamos a derogación da O.M de Limpeza de terreos e solares por considerala obsoleta e que non ten en conta o que son as condicións óptimas para o río, flora e fauna. Estamos elaborando un proxecto de renaturalización do río Barbaña pero é preciso que a CHMS dea por finalizado correctamente o saneamento da EDAR de San Cibrao xa que se as augas do río están sometidas a vertidos contaminantes, non será posible executar o proxecto de renaturalización que financia a Fundación Biodiversidade”, insisten dende a asociación.