Sucesos

Detido o autor dunha estafa por internet a un ourensán

Estafado ó mercar por internet unha caravana

Paco Sarria

Ourense |

Sucesos
La Guardia Civil investiga a una persona de nacionalidad italiana, por estafa en la compra-venta de un vehículo de alta gama por Internet | Guardia Civil Palencia

A garda civil esclareceu un delicto de estafa na venta dun remolque por internet, despois de que un veciño de Trives denunciara en outubro pasado ter sido a víctima, quen explicou que foi estafado despois de atopar o artigo que buscaba ó través de Google.

Explicou que tras un intercambio de mensaxes foi persuadido para realizar unha transferencia bancaria por importe de 1562,35 euros en concepto de adquisición do producto.

Posteriormente deixou de poder comunicarse co seu interlocutor e a páxina web deixou de estar operativa, polo que interpuxo denuncia.

O número do teléfono móvil resultou ser de pre-pago e estaba a nome dun costa marfileño con identidade supostamente falsa.

A garda civil conseguíu localizar ó estafador que resultou ser un cidadán español que operaba ó través dunha pasarela de pago con sede en Lituania.

Os cartos estafados foron a parar á conta dunha cidadá española con domicilio en Barcelona, dende onde o monto total foi troceado para dificultar a sua trazabilidade, indo a parar mesmo a contas estranxeiras e a plataformas de criptomoedas.

Finalmente a Comandancia de Ourense identificou a un dos dous indivíduos implicados ó que acusan de crear e xestionar a infraestructura necesaria para a comisión do delicto así como da participación activa na recepción e xestión dos fondos transferidos polo perxudicado