O Partido Popular de Ourense demanda do goberno socialista que preside Pedro Sánchez e tamén ó ADIF o comezo das obras da estación intermodal que acumulan meses de retraso. Asemade demandan a licitación das obras da variante exterior e a adopción doutras medidas como unha data certa para a reposición da circulación na liña 810 entre Ourense e Monforte de Lemos que permitan recuperar a conesión con Valdeorras.
Tamén esixen solucións para evita-la saturación do aparcamento soterrado da estación Ourense-Empalme así como a colocación dunha marquesiña que protexa das inclemencias meteorolóxicas ós viaxeiros, ós taxistas e os usuarios. (a estación de ferrocarril pasou nunha década dos 340 mil ós dous millóns de viaxeiros)
Ó mesmo tempo demandan o peche perimetral e a limpeza das propiedades de ADIF na rúa Río Arnoia onde existe a ocupación dun inmoble