Cultura

Continuaron os traballos arqueolóxicos no Foxo de Lobo de Salas

Rematada unha fase das excavacións

Paco Sarria

Ourense |

Continuaron os traballos arqueolóxicos no Foxo de Lobo de Salas
Continuaron os traballos arqueolóxicos no Foxo de Lobo de Salas | onda cero ourense

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, desprazouse ao concello de Muíños para achegarse, acompañado do alcalde, Plácido Álvarez, ao xacemento etnográfico do foxo do lobo do Salas, en Muíños coincidindo co remate dos traballos de escavación e consolidación, nos que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude investiu máis de 16.000 euros na edición programada para este ano

O delegado territorial subliñou a importancia destas accións de conservación, “pois grazas a elas a nosa cultura e o noso patrimonio mantéñense fieis á súa versión orixinal, gardan os seus valores históricos e culturais, e deixan este espazo conservado para que futuras xeracións poidan gozar plenamente da arte”.

Client Challenge

Para Manuel Pardo “o patrimonio cultural é fundamental para protexer o noso sentido do que somos. Proporciónanos unha conexión irrefutable co pasado, con determinados valores sociais, crenzas e costumes.