O Partido Popular de Ramirás anunciou que racha o pacto de gobernó que tiña co Partido Socialista, diante das reiteradas escusas da Alcaldesa, Isabel Gil para ceder a Alcaldía ó cabeza de lista popular, segundo acordo ó comezo do mandato.
Ese acordo establecía un periodo de dous anos á fronte da presidencia municipal.
O cabeza de lista popular, Juan Carlos Rodríguez Macías xa tiña que presidir a corporación dende hai 5 meses, e anuncia o paso a oposición.
A dirección provincial do PP expresou o seu respaldo á decisión lembrando que durante todo este tempo cumpriron co pactado.
No concello de Ramirás, nas pasadas municipais, houbo un triple empate correspondendo 3 edís ó PP, outros tantos ó PSOE e tamén 3 ó BNG.

