A Audiencia Provincial de Ourense condenou a 8 anos e medio de cárcere a un home por tentar de asesinar a outro cun machete nunha discoteca.
Así mesmo imponlle a prohibición de comunicarse e de aproximarse á víctima durante dez anos, así como á expulsión do territorio español en canto obteña a liberdade condicionada, con prohibición de regresar a este país durante outra década.
Ademáis o condenado deberá indemnizar ó perxudicado con 4.400 euros.
Os feitos xulgados ocorriron o 5 de marzo do 2023 anque o acusado xa tivera un incidente ese día previamente. Segundo o relato dos feitos achegouse á victima con un machete de 45 centímetros de folla, sen ser visto, asestándolle un golpe de considerable intensidade na cabeza.
Como consecuencia da agresión, á que o agredido respostou, a víctima precisou 40 días de curación.

