Tribunais

Condenado a 3 anos por facerse pasar por dentista en Ourense

Estafou a un matrimonio máis de 42 mil euros

Paco Sarria

Ourense |

Condenado a 3 anos por facerse pasar por dentista en Ourense
Condenado a 3 anos por facerse pasar por dentista en Ourense | onda cero ourense

A sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense condenou a tres anos de cárcere por un delicto continuado de estafa co agravente de reincidencia a un home que se fixo pasar por protésico dental e persoa adicada á odontoloxía, socio de varias clínicas odontolóxicas.

Pretendía con elo conseguir que un matrimonio lle entregara máis de 42 mil euros.Á hora de emiti-la sentencia o Tribunal tivo presente a declaración dos perxudicados, a proba documental obrante nas actuación con extractos e apuntamentos bancarios, así como o recoñecemento de débeda realizado polo acusado. Tamén as mensaxes intercambiadas entre o procesado e os perxudicados ó través de mensaxería de texto e unha proba pericial caligráfica.

Contra a sentencia cabe recurso diante do TSXG.