Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar, recoger datos estadísticos y mostrarle publicidad relevante. Si continúa navegando, está aceptando su uso. Puede obtener más información o cambiar la configuración en política de cookies.

Disfruta de la app de Onda Cero en tu móvil.

Deportes

Castrelo de Miño, sede da 3ª Copa de España de Maratón de piragüismo

A Deputación de Ourense colabora con este evento deportivo que se celebrará os días 22 e 23 de xuño

Óscar Gómez
 |  Ourense | 21/06/2019
Rosendo Fernandez, presentación copa españa de piragüismo

Rosendo Fernandez, presentación copa españa de piragüismo / deputacion de ourense

O municipio de Castrelo de Miño será a sede da 3ª Copa de España de Maratón para as categorías cadete, xuvenil, senior e da 3ª Copa de España de Maratón Máster para a categoría de veterano, os vindeiros días 22 e 23 de xuño. A presentación deste evento deportivo de ámbito nacional tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Castrelo de Miño, Esteban Suárez; o presidente da Federación Galega de Piragüismo e o delegado provincial da Federación, Alfredo Bea e José Manuel Fernández; o presidente e a delegada do Club Fluvial Avión-Castrelo, Pedro Andrés e Maribel Rodríguez; e o coordinador de deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez.

A Deputación de Ourense colabora con este evento que terá lugar “nun marco ideal para este deporte e que supón unha das competicións máis cotizadas do calendario nacional, sendo o selectivo nacional da especialidade de maratón, onde se escollerá ao equipo nacional que participe no campionato de Europa que se celebrará o día 25 de xullo en Francia”, explicou Rosendo Fernández, quen destacou tamén “o importante retorno económico que supón para a nosa provincia acoller estas probas”.

Na competición da Copa de España de Maratón daranse cita – tal e como explicou o delegado provincial da Federación Galega de Piragüismo- 460 deportistas procedentes de 65 clubs de 12 autonomías. Mentres que, na Copa de España de Maratón Máster participarán 112 deportistas de máis de 35 anos, procedentes de 39 clubs e tamén de 12 autonomías. No evento citaranse “os mellores do piragüismo nacional”, dixo Alfredo Bea, quen lembrou que esta proba “ademais de ser clasificatoria para o europeo, será control selectivo para o campionato do mundo que terá lugar o día 10 de outubro en China”.

Pola súa parte, o alcalde de Castrelo de Miño dixo que “tralas obras de mellora realizadas no parque náutico nos últimos anos, coa colaboración da Deputación de Ourense e da Xunta de Galicia, dispomos a día de hoxe do mellor campo de regatas de España para a práctica do piragüismo e do remo”.