Sanidade

O BNG reclama a cobertura de pediatras no centro de saúde Valle Inclán de Ourense

Os nacionalistas piden a cobertura inmediata de 4 prazas de pediatría

Paco Sarria

Ourense | 07.05.2024 11:14

O Bloque Nacionalista Galego ven de denunciar que o centro de Saúde Valle Inclán de Ourense ten problemas derivados da falla de cobertura suficinte no servizo de pediatría. A deputada ourensá Noa Presas explicou que "esta situación débese á falla de planificación dos goberno do Partido Popular, que nin planificaron os relevos xeracionais dos e das profesionais, nin tampouco crean condicións de traballo atractivas para que os profesionais escollan estos destiños".

Lembra a parlamentaria autonómica que "Galiza é o penúltimo territorio do Estado en investimento en Atención Primaria, só por detrás de Madrid, con 11,8% fronte ó 14,2% da media nacional" e engade que a nosa comunidade autónoma é "das últimas en gasto por habitante -sexta pola cola-, das ultimas en gasto de personal sanitario -cuarta pola cola- e en porcentaxe de orzamento sanitario respecto ó PIB -séptima pola cola-"

Os nacionalistas cifran o recorte entre o 2009 e o 2024 en Atención Primaria en máis de dous millóns menos de euros.