Xunta de Galicia

O baño segue sen ser recomendable na terma de A Veiga-Ourense

A Xunta insiste en que o Concello cumpla as normas

Paco Sarria

Ourense |

Manuel Pardo, Delegado da Xunta en Ourense
Manuel Pardo, Delegado da Xunta en Ourense | Xunta de galicia

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo, dixo en Onda Cero que seguen sen recomendar o baño no Muíño de A Veiga e que para solventar o problema o concello debe executar melloras e controlar o aforo.

Pardo fixo estas declaracións despois da polémica suscitada a semana pasada polo baño “estilo Fraga en Palomares” do Alcalde, coa edil de Festexos, Noa Rouco, insistindo en que o baño non é recomendable pola ausencia de garantías a xuizo dos técnicos sanitarios da Xunta.

Para o delegado territorial da Xunta pode discutirse ou criticarse a norma, pero estas están para ser respetadas, preguntado sobre si o Alcalde foi irresponsable con mencionado baño.