MÁS DE UNO OURENSE

Noticias Mediodía Ourense 05/08/2022

Os acordos e descardos entre os grupos no pleno ordinario que hoxe desenvolveu a Corporación Municipal de Ourense ocupan boa parte dun informativo no que non perdemos de vista a incidencia dos lumes forestais. Estas e outras novas para encadrar a actualidade deste venres 5 de agosto, antesala de festas gastronómicas en Oimbra, Castrelo de Miño, Arnpia; Muiños ou Maceda.

MÁS DE UNO OURENSE

O pleno deste venres e a actualidade municipal co nacionalista Luis Seara

Convidamos a Más de Uno Ourense ó voceiro municipal do BNG do Concello de Ourense, Luis Seara para abordar algúns dos asuntos a abordar no pleno de mañán como a moción nacionalistas sobre o Castro de Santomé ou a situación actual do termalismo na cidade. Estos e outros asuntos da actualidade son abordados en conversa con Paco Sarria.

MÁS DE UNO OURENSE

Noticias Mediodía Ourense 04/08/2022

Os lumes forestais e, particularmente, o rexistrado no Concello de Verin, voltaron a marcar hoxe a actualidade para os informativos de Onda Cero Ourense. Falamos en directo co Alcalde verinés Gerardo Seoane. Pero ademáis asuntos como a previa do pleno municipal de mañán, así como o seguimento á evolución de casos da Covid entroutros contidos.

MÁS DE UNO OURENSE

A traxectoria artística de Julio Rivera no Ángel Valente

A traxectoria e facetas artísticas de Julio Rivera foron abordadas en Más de Uno Ourense polo seu irmán Luis e Paco Sarria con motivo da exposición que ata o 11 de setembro acolle o Centro José Ángel Valente na rua do Paseo. A entrevista permitíu lembrar tamén algún episodio do lexendario programa sarcástico sobre a actualidade ourensán emitido nos anos 80 na desaparecida Radio Cadena Española titulado O Pazo de Xafoi.

MÁS DE UNO OURENSE

Abordamos a submisión química e o protocolo sanitario no CHUO en tertulia

A proliferación de pinchazos en diferentes puntos do territorio nacional levounos hoxe a abordar na tertulia en feminino a submisión química e o protocolo de actuación no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Contamos para elo coa presidenta do Colexio de Médicos e doctora do Servicio de Urxencias do CHUO, Pilar Garzón, quen comparte conversa con Ximena González, Antía Pousa e Paco Sarria.

MÁS DE UNO OURENSE

Noticias Mediodía Ourense 03/08/2022

O último lume rexistrado en Maceda e que sucede o sofocado en Castrelo de Miño abre hoxe os nosos informativos. Falamos co Alcalde, Rubén Quintas, quen considera intencionado o incendio que afecta a máis dun cento de hectáreas. A última hora da política, os sucesos e a actualidade laboral completan a edición deste mércores.

MÁS DE UNO OURENSE

Noticias Mediodía Ourense 02/08/2022

Mentres o paro subía lixeiramente en España en xullo, e baixaba no conxunto de Galicia, a provincia de Ourense rexistraba 179 parados máis o mes pasado no que, por outro lado medraron as afiliacións á seguridade social. O agro, a industria e a construcción rexistraron incrementos das contratacións. Así abrimos un resumo informativo no que tamén recollemos outras novas como a sinatura do convenio que permitirá a construcción dun novo centro de saúde no Carballiño.

MÁS DE UNO OURENSE

Noticias Mediodía Ourense 01/08/2022

O Alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome dixo hoxe en Más de Uno Ourense estar convencido de que rematará o mandato ó non haber entendemento na oposición para que prospere unha moción de censura. Jácome voltou a lembrar que o candidato do PP, Manuel Cabezas, nin siquera está censado na cidade que aspira a gobernar e lembrou que no próximo mandato corresponderá decidir sobre 3 golosas concesións como son auga, autobuses e recollida de lixo.

Más de uno ourense

Noticias Mediodía Ourense 29/07/2022

A deputación de Ourense aprobou unha declaración institucional para que o goberno do estado declare como "zonas gravementes afectadas por emerxencia de protección civil" os concellos arrasados polos lumes forestais. Foi unha das novas do informativo de Mas de Uno Ourense no que falamos co alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel que pedí un consumo responsable da auga.

Más de uno ourense

En "Se nos va la olla" nos vamos de festa

No espazo gastronómico e turístico "Se nos va la Olla" tivemos ocasión de conversar ca alcaldesa de Trives, Patricia Domínguez que fixo un convite a disfrutar dunha nova edición da Festa da bica de Trives e dos atractivos turisticos da comarca. Non faltou tampouco unha visita a Pazos en Verín onde Pablo Larrayoz descobríunos as excelencias da Festa do porco ao espeto.