MÁS DE UNO OURENSE

Viño e Pulpo para a fin de semana

A Festa do Pulpo do Carballiño e a Feira do Viño de Monterrei foron os argumentos principais do espacio Se nos va la Olla en Más de Uno Ourense, con Paco Sarria e Rubén Amorín este venres. Falamos co concelleiro Manolo Dacal no Carballiño, coa presidenta da DO Monterrei Lara da Silva e co Tenente Alcalde do concello verinés, Diego Lourenzo.

MÁS DE UNO OURENSE

Noticias Mediodía Ourense 12/08/2022

A seca volve a ser un dos argumentos informativos deste venres xunto cos lumes forestais. Tampouco esquecemos citas festivas como a Festa do Pulpo no Carballiño, a Festa Mexicana en Avión, a dos Cacharreiros en Niñodaguia ou a do Porco Celta en Cortegada.

MÁS DE UNO OURENSE

Coches antiguos o 20 de Agosto dende Xunqueira de Ambía

A V Edición da Concentración de Coches Antigos con Ruta Gastronómica e Turística arranca este próximo 20 de agosto de Xunqueira de Ambía realizando asemade unha ruta por Mosteiros e Castelos dos concellos lindantes. Para falar da iniciativa conversamos en Más de Uno Ourense con Beatriz Crespo.

MÁS DE UNO OURENSE

Pereiro de Aguiar un concello puxante

Convidamos hoxe a Más de Uno Ourense ó Alcalde dun dos concellos máis puxantes da provincia. Paco Sarria conversou con Luis Menor, rexidor do concello de Pereiro de Aguiar sobre os proxectos en marcha e expectativas que esperta este concello lindante coa capital.

MÁS DE UNO OURENSE

Noticias Mediodía Ourense 11/08/2022

Unha nova vaga de lumes e os efectos da seca que cada vez afectan a máis concellos centran hoxe a actualidade da provincia de Ourense abordada no informativo de mediodía en Más de Uno con Paco Sarria.

MÁS DE UNO OURENSE

O edil de Ciudadanos di que o PP non está na sua folla de ruta

O edil de Ciudadanos, Pepe Araujo, declarou en Onda Cero Ourense que neste momento volver a formar parte do PP non está na sua folla de ruta. Araújo foi entrevistado en Más de Uno Ourense por Paco Sarria, con que abordou diversos asuntos da actualidade municipal.

MÁS DE UNO OURENSE

Noticias Mediodía Ourense 10/08/2022

Os efectos da seca e moi particularmente os lumes que este mércores afectan a Carballeda de Valdeorras, Laza e Chandrexa de Queixa (ademáis do de Verin que está controlado) abriron hoxe a edición das novas do mediodía en Más de Uno Ourense.

MÁS DE UNO OURENSE

Volven as Xornadas Internacionais do Folklore

As XXXVII Xornadas Internacionais do Folklore en Ourense comeza hoxe a percorrer a provincia despois da sua presentación onte no Teatro Principal. Abordamos as singularidades desta edición do director do certame, Xulio Fernández Senra, con quen conversou Paco Sarria.

MÁS DE UNO OURENSE

Noticias Mediodía Ourense 09/08/2022

Ribadavia está a verse especialmente afectada pola seca ó reducir o subministro de auga a domicilios e negocios a catro horas e media. Falamos delo co edil Ignacio Gómez. Este é un dos principais argumentos do informativo de mediodía en Más de Uno Ourense con Paco Sarria.