Jóvenes empresarios en la onda

Entrevista a Yonatan Rodríguez de Somos Vivienda

Somos Vivienda é unha inmobiliaria que ofrece servizos integrais. Non só buscan, venden e alugan pisos e casas senón que tamén ofrecen contacto con decoradores de interiores, fontaneiro, pintor... para lograr a reforma agardada, e sempre baixo un orzamento pechado para evitar sorpresas.

Jóvenes Empresarios en la Onda

Entrevista a Carlos Pereira de O Neto do Ebanista

O Neto do Ebanista conta con 20 anos de experiencia no mercado, nos que pasou de realizar unicamente traballos de carpintería e venda de mobles a abarcar todo tipo de construcións (reforma de vivendas, comunidades, locais comerciais, fábricas...), empregando materiales innovadores para facer reformas máis sinxelas, rápidas e personalizadas.

Jóvenes Empresarios en la Onda

Entrevista a Jorge Alonso de Adegas Celme

Adegas Celme, ubicada na parroquia de Astariz (Castrelo de Miño) e integrada dentro da D.O. Ribeiro, naceu en 2016 da man de Jorge e Dori, que deixaron a enxeñería polo súa paixón, a viticultura. O resultado son viños de cantidades moi limitadas que transmiten a personalidade das súas variedades, a riqueza do seu chan e a delicadeza do seu traballo. Pero, ademais de viño, Adegas Celme tamén produce vermú e están comezando a introducirse no eido ecolóxico

Jóvenes Empresarios en la Onda

Entrevista a Sonia Pereira de Podogal

Podogal é un centro sanitario polivalente onde se proporciona un coidado integral aos pacientes, grazas ao seu equipo de podólogos, fisioteapeutas e odontólogos. Tamén imparten cursos de formación e colaboran en probas deportivas prestando atención aos participantes.

Jóvenes empresarios en la onda

Entrevista a David López de Forgal Talent

Forgal Talent é unha consultora especializada en dar apoio ás empresas para atraer, desenrolar e xestionar talento na súa organización.

Jovenes empresarios en la onda

Entrevista ao presidente da Asociación de Jovenes Empresarios

Falamos co presidente de AJE Ourense sobre as próximas actividades que organiza este colectivo, entre elas a sinatura dun compromiso empresarial con grandes empresas ourensás, un almorzo informativo cos candidatos á alcaldía da capital e o bosque de AJE.

Jovenes empresarios en la onda

Entrevista a Aldara Fernández e Pablo Veiga, de Tacto Con Tacto

Tacto Con Tacto é un espazo para o crecemento persoal formado por dous educadores sociais e unha psicóloga coach. Tacto Con Tacto organiza o próximo venres 3 de maio na CEO, en colaboración con AJE Ourense, un taller de autocoñecemento para emprendedores, aberto tanto aos socios de AJE como ao público xeral.