Pequenos cambios de última hora paliaron o caos dos primeiros días de entrada en servizo das novas liñas de autobús na cidade de Ourense.
O Alcalde admite que houbo problemas e fallos como a falla de información, pero culpa a terceiros de esto último nas súas redes sociais, achacando as queixas a unha minoría ruidosa.
O concello avanza que haberá cambios na periferia en Rairo, Eirasvedras e Mende.
A oposición é unánime na crítica á xestión de este asunto.

