O Alcalde de Barbadás, José Carlos Valcarce comparecía a última hora de onte para respostar á demanda de demisión que lle fixo Besteiro ó ser acusado de un presunto acoso laboral.
Ademáis de negar os feitos, Valcarcel dixo que o secretario xeral dos socialistas galegos lle pide algo que o propio Besteiro non está disposto a facer e que causa baixa no partido socialista, anque continuará como Alcalde e deputado provincial.
Unha militante do partido socialista denunciou pola canle interna do PSOE, a Valcárcel por presunto acoso laboral.
A militante, non traballadora deste concello, advertirá previamente de que se sentía acosada sexualmente por un concelleiro do partido que xa demitíu o ano pasado.
Valcárcel declarou a Onda Cero que actuou correctamente cando coñeceu os feitos hai ano e medio e negou que acosara laboralmente a ninguén, lembrando que é un dos asinantes do documento de solidariedade coa ex secretaria de igualdade dos socialistas galegos.

