Jóvenes Empresarios en la Onda

AJE Ourense achéganos ó emprendemento xuvenil

Fasedos, Adega das Caldas e Vanessa Peña Beauty Lab son algúns dos establecementos ourensáns rexentados con grande éxito por mozos empresarios.

ondacero.es

Ourense | 14.04.2019 14:21 (Publicado 12.04.2019 12:45)

Jóvenes Empresarios en la Onda
Jóvenes Empresarios en la Onda | Onda Cero Ourense

Onda Cero Ourense, a través da sección Jóvenes Empresarios en la Onda, abre cada semana unha fiestra a todos os xóvenes empresarios da provincia da man de AJE Ourense.

Con 120 socios neste momento, e na procura de acadar os 140 ao longo deste 2019, a Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense traballa cada día para dar a coñecer a todos os novos emprendedores que cada ano logran importantes cifras de facturación.

“O que buscamos é demostrar que en Ourense hai futuro, que hai empresas locais que facturan millóns de euros. Porque parece que esta provincia non ten xeración de emprego, que o emprego xuvenil acá non existe. AJE quere dar visibilidade a estes mozos, a estas novas iniciativas empresariais”, explicounos Nuria Iglesias, vicepresidenta de AJE Ourense.

A asociación ofrece a todos os seus socios asesoramente en materia institucional e administrativa, para resolver as preguntas de quenes empezan no mundo empresarial ou daqueles que xa levan anos pero buscan ampliar o seu negocio. “Tamén se resolven cuestións máis técnicas ou específicas, co apoio da CEO, para dar solución a todas as dúbidas”, aclara Nuria Iglesias.

Nuria Iglesias
Nuria Iglesias | Onda Cero

Así mesmo, este colectivo leva a cabo diversas actividades ao longo do ano. Proximamente descubriremos algunhas delas, como son “O bosque de AJE”, para contribuir á conservación do medio ambiente; ou a campaña “Ourense, terra de emprendedores”, para dar a coñecer o traballo dos seus asociados.

Pinchando neste enlace podes escoitar a entrevista a Nuria Iglesias en Onda Cero Ourense

Fasedos, deseño e arquitectura de interiores

Marta Álvarez e Silvia Fernández están á fronte de "fasedos", un estudo de arquitectura especializado no deseño profesional de espazos de acordo ás necesidades de cada cliente.

Con máis de 10 anos de experiencia no sector, contan con clientes que buscan reformar tanto vivendas como locais comerciais. “Temos moitos clientes que mercan un piso e queren refórmalo, ven cousas que lle gustan por Internet pero non saben por onde empezar. Nós o primeiro que estudamos é a funcionalidade do espazo, polo que se podemos andar na distribución tamén o facemos. Buscamos a luz e o mellor confort”, detallábanos Marta. “Intentamos estar de principio a fin, porque o resultado é máis profesional e global así”, completaba Silvia.

En fasedos apostan pola figura do deseñador, que lonxe de ser un gasto ao alcance de petos selectos é un servizo moi útil para lograr a maior rentabilidade do orzamento do cliente e a maior funcionalidade do espazo a reformar. “Intentamos ver a nosa profesión como unha inversión, buscamos que o cliente só gaste o xusto e necesario. No mercado hai material para todos os peto, e o deseño non é para elite, nós axudamos a sacarlle sempre o maior partido”, aclarounos Silvia.

En canto á súa experiencia como asociadas de AJE Ourense as dúas teñen claro a importante labor que a asociación fai. “Creo que en Ourense hai futuro, hai talento, e temos que demostralo día a día. Somos moitos e temos moitos proxectos interesantes”, dicíanos Silvia. “AJE potencia a nosa motivación e traballo”, concluía Marta.

fasedos
fasedos | Onda Cero Ourense

Rúa Curros Enríquez, 1 - Baixo Talenthaus

647 50 70 34 - 679 78 10 29

Visita a web de fasedos ou a súa páxina en facebook

Pinchando neste enlace podes escoitar a entrevista a Marta Álvarez e Silvia Fernández en Onda Cero Ourense

Adega das Caldas, restaurante emblemático cun espazo incomparable

A Adega das Caldas é, sen dúbida, un dos restaurantes históricos da cidade de Ourense, agora baixo a tutela de Pablo Domínguez, un xoven empresario con ampla experiencia no sector da hostalaría.

Peixe fresco, marisco da ría, tenreira galega, así como verdura e hortalizas de productores de proximidade nunca faltan na súa carta, na que agora se diferencian tres liñas claras. “Por un lado, temos a zona de tapería na parte de atrás; a carta de restaurante clásica, para manter toda a historia da Adega do Emilio; e outra carta diferente, con proposta novas, do no noso chef Gerson, ao que lle gusta moito innovar”, explicounos Pablo. E é que o seu éxito parte do seu equipo humano. “A chave é un equipo profesional sólido. Tanto Gerson como Andrés están tendo moito éxito, cada un no seu eido. Andrés foi o terceiro somilier de Galicia e vai en breve ao campioanato de España”, comentaba Pablo.

Con comedores interiores e unha envexable zona exterior, a Adega é unha das opcións perfectas para celebrar comuñóns, bautizos, cumpleanos, despedida ou graduacións.

Adega das Caldas
Adega das Caldas | Onda Cero Ourense

Ademais, dende este 8 de abril súmase á oferta da avenida das Caldas o emblemático Don Gaetano, tamén da man deste mozo empresario. “Abrimos todos os días de 7 da mañá a 3 da madrugada, queremos abarcar un servizo completo como sempre foi característico neste local”, explica.

Pablo Domínguez tamén respaldou o importante labor de AJE. “Faise forza cando se está xunto. Somos xente que temos algo en común, buscamos sacar adiante unha empresa, entón entre nós axudámonos, consultamos dúbidas”, conclúe.

Avenida das Caldas, 11

988 61 58 84

Visita a web de Adega das Caldas ou a súa páxina en Facebook

Pinchando neste enlace podes escoitara a entrevista a Pablo Domínguez en Onda Cero Ourense

Vanessa Peña Beauty Lab, laboratorio de beleza integral

Vanessa Peña e Jesica Iglesias descubríronnos un novo concepto no mundo da estética a través do seu negocio: Vanessa Peña Beauty Lab, un laboratorio de beleza integral.

Elas son un claro exemplo do que AJE trata de visibilizar día a día. Logo de 5 anos de experiencia no sector, apostaron por saír da zona de confort e emprender camiño en solitario. Así inauguraron fai só un mes na rúa Samuel Eiján 10 de Ourense este establecemento, que ofrece ás súas clientas asesoramento de imaxe personalizado.

“Queremos sacar de cada persoa que se achegue ao noso salón a súa beleza única, por iso, non o queremos denominar como un salón de estética nin perruquería, é algo diferente”, contounos Vanessa.

E para lograr sacar o maior partido comezan por unha entrevista previa, para coñecer as necesidades e gustos das súas clientas. “É moi común que cheguen cunha idea prefixada, cunha foto, pero non todo lle queda ben a todo o mundo. Nós aconsellámolas para ofrecerlles un resultado que sabemos que lles vai quedar ben. Analizamos a súa maneira de ser, os seus gustos, a súa maneira de vestir…”, detallaba Jesica.

Vanessa Peña Beauty Lab ofrece tamén cursos de automaquillaxe e maquillaxe profesional, así como tratamentos de beleza moi novidosos e completos. “Incorparamos unha máquina revolucionaria que axuda a reafirmar, reducir e mellorar o aspecto corporal, incluso tratando doenzas, porque chegamos a zonas profundas do músculo”, explicou Vanessa.

Vanessa Peña Beauty Lab
Vanessa Peña Beauty Lab | Onda Cero Ourense

En canto a AJE Ourense, só teñen boas palabras. “Sentímonos moi apoiadas. Moitas veces cando empezas sénteste soa no camiño e ter esa axuda serve de moito”, confesou Jesica.

Rúa Samuel Eiján, 10

988 22 31 98

Visita a web de Vanessa Peña Beauty Lab ou a súa páxina en Facebook

Pinchando neste enlace podes escoitar a entrevista a Vanessa Peña e Jesica Iglesias en Onda Cero Ourense