Fin de semana de entroidos que repasamos no programa de hoxe, entre outras novas da actualidade máis próxima como o achado de minerais non documentados ata o de agora en Galicia atopados na sima Aradelas no Xeoparque montañas do Courel dos que falamos con Daniel Ballesteros, membro do Comité Científico do Xeoparque. Estrea nova temporada o Tren Turístico Aba Sacra e repasamos previsións para este novo ano conversando co promotor, Antonio Rodríguez. Entre outros asuntos conversamos tamén co musicólogo e director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, Xosé Lois Foxo, da exposición que sobre a historia da gaita vén de inaugurar na sede da Afundación en Lugo e entre outras iconografías da gaita, aparecen algúnas de retablos e casas desta zona sur de Lugo.
