Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 23/10/2025

Programa completo do 23/10/2025

Manuela Porto

Monforte de Lemos |

O BNG Lugo Sur reclama a Renfe a reposición do tren das 23h entre Ourense – Monforte e Lugo. Detido en Monforte un home que cultivaba marihuana na súa casa, alertou á policía, polo cheiro das plantas, un veciño do detido. Son algúnhas das novas que repasamos neste programa que abrimos conversando co escritor Francisco Narla que presenta este venres en Monforte a súa última novela. Con Marián Martínez, concelleira de cultura de A Pobra do Brollón, repasamos actividades que preparan para celebrar o Día das Bibliotecas e a xuntanza de maiores do domingo. E espeleólogos de toda Galicia e comunidades próximas celebrarán esta fin de semana encontro no Courel, repasamos actividade con Danel Ballesteros, un dos organizadores. Entrevistamos ao voceiro do grupo provincial do PP Antonio Ameijide, e entre outros asuntos, temos tamén gabinete xurídico con Javier Leiro que nos fala hoxe do MASC.