Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 16/05/2025

Programa completo 16/05/2025

Manuela Porto

Monforte de Lemos |

Todo preparado en Belesar para celebrar a Feira do Viño e a Festa das Cereixas. Repasamos o evento conversando con Ramón Porto, un dos membros da comisión organizadora. En vésperas de celebrar do Día das Letras Galegas, repasamos tamén actividades que se van celebrar nesta zona. En Monforte Festival no que intervirá a Coral Polifónica Municipal a Asociación Amigos da Pandeireta, Geni Barbagelata é a presidenta e fálanos da celebración. Tamén hai actividades na Casa da Memoria en Xullán, no concello de Bóveda e repasámolas cun dos promotores, Julio Costa. Amaro Carretero forma parte dun colectivo artístico que prepara tamén actividade extra para celebrar o Día das Letras Galegas, explícanos en que consiste. Entre outros asuntos, escoitamos tamén a cantante Lucía Pérez contar como vai vivir o Festival de Eurovisión e a súa valoración da representación deste ano nun Festival no que ela participou fai 14 anos.