Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 16/04/2025

Programa completo do 16/04/2025

Manuela Porto

Monforte de Lemos |

Todo preparado para celebrar a Feira Medieval de Monforte esta fin de semana. Repasamos actividades conversando coa concelleira de cultura Marina Doutón. En Quiroga celebran a Feira do Viño e dela falamos co alcalde José Luis Rivera. Pantón prepara homenaxe a Milagros Pardo, bibliotecaria do citado concello máis de 40 anos. Homenaxe que repasamos co técnico de cultura Javier González. Adicamos o espazo Facendo Empresa a iniciativas premiadas no Salón Gourmet, falamos con Óscar Fernández de Diseño del Sabor da tarta La Condesa, distinguida no citado evento cun terceiro premio, e con Xesús Mazaira, un dos responsable da queixería Airas Moniz, premio super ouro para o queixo Sabel, falamos tamén do que supón este recoñecemento. Entre outros asuntos, conversamos tamén co presidente do Club Lemos, Antonio López, teñen dous partidos importantes por diante, este xoves e o domingo, no primeiro van a homenaxear á atleta Saleta Fernández. Falamos delo e da situación do Lemos.