O Colexio dos Escolapios de Monforte gañador do VI Concurso Ciberliga convocado pola Garda Civil. Competiron con máis de 17 mil alumnos de 350 centros educativos. Abrimos falando co profesor Javier Saco e con Chavi e Luis, dous dos alumnos participantes. A Praza de Abastos acolle esta fin de semana a Feira de Oportunidades do CCU que sorterá un premio de 500 € entre os clientes. Falamos co xerente Ángel Folgueira. Convocado o XI Concurso de Proxectos Empresariais "Semente Ribeira Sacra". 20 mil euros en xogo e novidades para os finalistas que repasamos con Pilar López, presidenta da Asociación convocante. E máis de 60 establecementos de 10 concellos da Ribeira Sacra participan das XVII Xornadas do Cocido que se van celebrar dende esta fin de semana e ata o 6 de abril, con moitas actividades das que nos da conta Beatriz Vila, delegada da Asociación de Hostalería para esta zona sur de Lugo, organizadora deste evento.