Toca facer balance da Mostra dos Viños de Pantón celebrada a fin de semana, recollemos o mesmo do alcalde José Luis Álvarez e tamén de algúns dos adegueiros participantes. O coordinador da CECRV, Jesús Mora, explica os obxetivos da celebración do "Día Movimiento Vino DO", ao que un ano máis se sumou a D.O Ribeira Sacra. A seguinte cita co viño será esta fin de semana próxima en Belesar, cita co viño e as cereixas. Na organización do evento colabora o concello de Chantada e o do Saviñao, repasamos actividade con rexedor deste último, Carlos Armesto que prepara tamén para a primeira fin de semana de setembro unha nova edición da Festa da Vendima. Falamos de saúde bucodental coa odontóloga María José Martín e cita tamén co ámbito deportivo no que destaca o triunfo do Lemos que mantén categoría mentres o Brollón ascende.
