Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 11/04/2025

Programa completo do 11/04/2025

Manuela Porto

Monforte de Lemos |

Abrimos repasando novas da actualidade máis próxima e conversando coa artista Lucía Pérez que inicia nova xira este sábado en Sober na Feira do Viño de Amandi que ela mesma pregoará este domingo. Diego Arias é un dos representantes de SATSE no Hospital Comarcal de Monforte onde recollen sinaturas reclamando máis persoal en hospitalización polas noites. Con él repasamos a situación na que están. E ata o Parlamento levou o BNG a necesidade de dotar dun médico específico ao servizo de HADO, o deputado Iago Suárez repasa a iniciativa que presentou na Comisión de Sanidade. E a orde para solicitar axudas para facer vendima en verde na Ribeira Sacra non convence ao SLG, explica os motivos a delegada do sindicato para esta zona, Ana Rodríguez. Con Belén Elisa Díaz, falamos do Encontro de Emprendedores Creativos que teremos esta fin de semana pola Ribeira Sacra, e entre outros asuntos conversamos tamén co adestrador do Neka, José María Vega, porque o taekwondo monfortino manda a 7 deportistas ao Campionato de Europa que se vai celebrar a partir da próxima semana en Estonia.