A cantante do Incio Lucía Pérez será a pregoeira da Feira do Viño de Amandi. Un dos asuntos que repasamos da actualidade máis próxima na que recollemos tamén o balance da Feira do Viño de Chantada que fai o concelleiro Manuel Diéguez. Balance vén de facer o SERGAS da actividade rexistrada o pasado ano nos Hospitais Galegos, peguntamos polos datos do Hospital Comarcal de Monforte á directora Inmaculada Ramos, con ela falamos tamén do novo mamógrafo que están instalando, da Covid, que segue estando presente 5 anos despois da aparición dos primeiros casos, e entre outros asuntos tamén dos actos cos que conmemoraron o 8M nun centro no que o 85% do persoal son mulleres. Falamos tamén do Monte Cido e das xornadas divulgativas que van celebrar sobre o mesmo, co investigador do CSIF Brais Currás.
