Aberto o prazo para solicitar axudas para a vendima en verde. UUAA considera excaso o prazo e solicita que se amplíe, que se informe ben aos viticultores e consideran que a orde beneficia máis ás adegas que os productores. Falamos con Carlos Basalo, responsable do sector vitícola no citado sindicato. Con Ángel Folgueira, xerente do CCU falamos co Plan Estratéxico do Comercio Galego que prepara a Xunta. A Escola de Música Moderna prepara concertos cos alumnos que ten en Monforte e na comarca de Quiroga e deles falamos co director Gonzalo Herrero. Concerto preparan tamén para abir nova xira este sábado en Sober os Gin Toni´s e falamos dela co vocalista, Andrés Montes. Entre outros asuntos como cada xoves temos gabinete xurídico de AV10 e con Javier Leiro, falamos de herencias.