Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 07/04/2025

Programa completo do 07/04/2025

Manuela Porto

Monforte de Lemos |

Presentada a Feira Medieval de Monforte que se vai celebrar os días 19 e 20. Abrimos resumindo actos da mesma e outros asuntos da actualidade máis próxima. Remata con éxito de participación a XVII edición do "Estase Cocendo", recollemos balance de Beatriz Vila, delegada da Asociación de Hostalería para esta zona. Constituida a Mesa de Negociación para renovar o convenio dos traballadores de FCC en Monforte. Mario Docasar, secretario de acción sindical de CCOO repasa as melloras que reclaman. E hoxe celebran o Día do Bocata Solidario no Colexio dos Escolapios, unha iniciativa que repasamos coa directora Estefanía López. Repasamos resultados dos partidos disputados polos equipos da zona, os triunfos do Quixós no Barco e entre outros asuntos, hoxe temos cita coa saúde bucodental da man da odontóloga María José Martín, e cos libros, niste caso Jacobo Rodríguez da libraría Agrasar recomenda lectura para este mes de abril.