Tras repasar novas da actualidade máis próxima abrimos o espazo adicado ao sector vitícola co técnico Alfonso Losada e Juanjo Figueroa, presidente da Asociación Galega de Sumilleres. Nova campaña de escavacións no Castro de San Lourenzo para o mes de agosto. Desta nova intervención falamos co arqueólogo Xurxo Ayán. Un grupo de alumnos do IES A Pinguela vén de ser premiado nun concurso de robótica do que falamos co profesor José Pino. E o CEIP Monforte é un dos colexios que participará este mércores na Festa dos Maios que se prepara en Monforte e hoxe son os encargados de abrir o Certame Municipal de Teatro para centros de ensino. Danos máis datos destas actividades a directora Teresa Fernández. En Sober celebran o sábado día 24 unha nova edición da Festa das Avóas e o os Avós, e deste evento e outras novas da actualidade soberina falamos co rexedor local, Luis Fernández Guitián. E con Tamara Lebón falamos da exposición de fotografía que ten colgada na Casa da Cultura de Monforte ata este venres día 9.
