Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 06/03/2025

Programa completo do 06/03/2025

Manuela Porto

Monforte de Lemos |

Coincindo cos actos do 8M o concello de Monforte vai a homenaxear ás lavandeiras cun mural que a artista Xoana Almar está facendo no Parque dos Condes. Presentaban esta e outras actividades as concelleiras Margarita López e Gloria Prada e con elas abrimos o programa de hoxe que rematamos con actos do día da muller en Bóveda onde o concello este ano organiza actividades para poñer en valor a mulleres astrónomas. Falamnos das obras que se van realizar entre Carude e Piñeira, recollemos as queixas do CCU pola tardanza no remate das obras da rúa Cardeal e co xerente Ángel Folgueira repasamos outras actividades da Asociación Comerciantes. E este venres saen á venda as primeiras entradas para o Tece Roeis Fest que se vai celebrar en Pantón en xuño e do que falamos con Blanca Tejero, integrante da comisión organizadora. E no gabinete xurídico que cada xoves compartimos con AV10, Javier Leiro fálanos hoxe dos accidentes en itínere.