Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 03/03/2025

Programa completo do 03/03/2025

Manuela Porto

Monforte de Lemos |

Consternación polo falecemento nun accidente de tráfico dun mozo de 19 anos do concello de O Saviñao vencellado o ámbito deportivo e moi coñecido na zona. É un dos asuntos do que falamos co alcalde do citado concello, Carlos Armesto. Co arqueólogo Xurxo Ayán repasamos litixio dos Condes de Lemos pola caza de osos na zona de Salcedo fai cinco séculos. Terá que ver co ritual que hoxe reviven os veciños, como cada luns de entroido?. Joel Pérez e un grupo de compañeiros da escola EMAV de Barcelona prepáranse para gravar en Monforte unha curtametraxe da que él mesmo nos da conta. Falamos tamén coa atleta Saleta Fernández que vén de abandonar a carreira deportiva por problemas de saúde que arrastra dende hai tempo. Entre outros asuntos, temos cita coa odontóloga María José Martín, e repasamos resultados deportivos.