Repasamos novas da actualidade máis próxima e abrimos co espazo adicado ao sector vitivinícola no que hoxe entrevistamos a Luis Buitrón, presidente da Federación Nacional de Enoloxía que prepara para marcha unha nova edición de Vinespaña. Conversamos tamén coa directora do IES Daviña Rey onde hoxe se inaugura unha Feira de F.P para dar a coñecer a oferta educativa que ten o citado centro. Repamos tamén actividade da Escola de Hostalería de Rosende coa profesora Lara Vázquez. Entre outros asuntos falamos de iniciativas que teñen en marcha no concello de Pantón para traballar a igualdade. Atendemos á reunión do Conselleiro de Cultura na sede da UNESCO en París e tempo tamén para deportes.
