Recopilamos en Onda Cero Galicia

Os galegos estreamos este mércores as bonificacións no transporte público

A Xunta vén de anunciar a bonificación do 50 por cento para o autobús interurbano e rebaixas no prezo para o barco da ría de Vigo e o tren de proximidade en Ferrol. Asimesmo, comezan a aplicarse as bonificacións das viaxes en tren. A ministra portavoz, Isabel Rodríguez, confirma que están a estudiar a súa ampliación ao AVANT entre Santiago e Ourense. A maiores este mércores os concellos da Coruña e Santiago tamén aplicarán unha rebaixa do 30 por cento no bus urbano, nos bonos multiviaxe.

ondacero.es

Galicia | 31.08.2022 14:59