Entrevista a José Antonio Quiroga na Brújula de GaliciaDesde a Confederación Hidrográfica Miño Sil advirten que «quedan meses compricados» se non hai chuvias.
Na Brújula de Galicia de Onda Cero falamos con José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil, da situación derivada da falta de precipitacións. Remitiron xa comunicacións a concellos, comunidades de regantes, hidroeléctricas, etc. con recomendacións e instando a que implementen medidas preventivas pola falta de chuvia. Quiroga tamén urxe a que os concellos «tomen medidas» xa que «non podemos perder o 40% da auga por perdas na rede de abastecemento».
ondacero.es
Galicia | 13.06.2022 20:31