Radio local

Onda Cero Pontevedra

06/08/2020 15:10

Más de Uno Pontevedra (06-08-2020)

Medra a tendencia de contaxios por Covid19. Os casos activos se elevan a 35. Con Andrea Carrera repasamos as recomendacións dos Sergas se viaxamos. Tamen, conversamos coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, sobre os asuntos de actualidade. Prestamos atención a III Edición da Aceledora Ría e Pontevedra que promoven AJE e Ence. A modalidade do apartamento turístico cobra peso nas Rías Baixas, coñecemos as estimacións con Aviturga. E dedicamos os últimos minutos a revisar o nivel de adoptacións a nivel nacional e internacional

Onda Cero Pontevedra

05/08/2020 14:33

Más de Uno Pontevedra (05-08-2020)

Continua o incremento de contaxios por coronavirus. Preocupación no sector turístico porque no área sanitaria non teña lugar un rebrote. Tamén analizamos os datos de ocupación do mes de xullo. Falamos coa ONG Amigos da Terra dos puntos limpios que instalará a diputación en diferentes concellos da provincia. Coñecemos as demandas das persoas con discapacidade con respecto a ordenanza de mobilidade de Pontevedra e a sua petición relacionada coas prazas de estacionamiento. E buscamos a visión dos viticultores sobre as limitacións que provoca a pandemia de cara a vendima 2020. O peche celebramos a apertura do parque infantil de Médico Ballína falando con Iván Puentes, concelleiro de medio sostible.)

Onda Cero Pontevedra

04/08/2020 14:28

Más de Uno Pontevedra (04-08-2020)

Revisamos os novos datos do desemprego, que baixa no mes de xullo, e os contaxios do coronavirus no área sanitaria Pontevedra-Salnés. Repasamos a predicción do tempo. Conversamos no hotel Rías Bajas con Silvia Aguete, portera do Poio Pescamar e campeona de Europa de seleccións de Fútbol Sala Feminino. En Lalín, no centro comercial Pontiñas, este mes de agosto se desenvolve un campamento de verán para nenas e nenos. E, como cada martes, repaso os últimos títulos chegados a librería Cronopios.

Onda Cero Pontevedra

03/08/2020 14:32

Más de Uno Pontevedra (03-08-2020)

Iniciamos o mes de agosto medrando en casos activos por coronavirus na área sanitaria Pontevedra-Salnés. Unha gran parte de casos se debe a movilidade xeografica e a chegada de turistas. Según o Sergas, esta nova situación se debe a casos importados. Escoitamos a valoración da directora asistencial e analizamos este panorama co presidente do colexio de médicos de Pontevedra. Tamen, abordamos con UXT a situación dun 20% de traballadores que continúan en ERTE na comarca. E repasamos as novas do motor e o nivel de seguridade vial dos ciclistas nas estradas e cidade de Pontevedra.

Onda Cero Pontevedra

29/07/2020 14:45

Más de Uno Pontevedra (29-07-2020)

Abrimos o programa coa actualidade do día, conversando co presidente da FEGAMP e escoitando o que a rúa responde. Buscamos a previsión metereolóxica e abrimos tempo de entrevista coa alcaldesa de Meis, Marta Giráldez. Imos de ruta polas Rías Baixas con Andrea Carrera e apuntámonos ao Tunel do Viño que mañá inaugura o Consello Regulador da DO Rías Baixas en Cambados. Ademais, completamos o programa en compañía de Raquel Pedrouso.

Onda Cero Pontevedra

16/07/2020 14:42

Más de Uno Pontevedra (16-07-2020)

Máxima atención para evitar os rebrotes no área sanitaria Pontevedra-Salnés. Principal motivo para que os festivais de música da provincia se celebren nun formato diferente en este 2020. Falamos de este asunto coa presidenta da Deputación de Pontevedra. A campaña Pontelovers xa ten novo material para promocionar o comercio e hosteleria local. Descubrimos novas coa concelleira de promoción económica, Yoya Blanco. E tamen dedicamos tempo a extraña celebración, en Marín, do homenaxe as xentes do mar con motivo do Día do Carme.

Onda Cero Pontevedra

15/07/2020 14:32

Onda Cero Pontevedra

15/07/2020 14:32

Mas de Uno Pontevedra (15-07-2020)

A situación sanitaria e as medidas de prevención do Covid19 rexistran 25 sancións no concello de Poio por non utilizar a mascara. Un asunto que abordamos co colexio de médicos de Pontevedra. Tamen, analizamos coa FANPA de Pontevedra as novas condicións que rexirán no regreso as aulas, o vindeiro mes de septembro. E con respecto o avistamento de arroaces no río Lérez preguntamos o CEMMA se esta manifestación da fauna mariña forma parte do posible ou se trata dun feito extraordinario. E, no peche, descubrimos catro lugares máxicos de Pontevedra con Carlos Fdz Cortiñas, xornalista, escritor e investigador.

Onda Cero Pontevedra

14/07/2020 15:30

Más de Uno Pontevedra (14-07-2020)

Novos casos de COVID19 no área sanitaria Pontevedra-Sálnes. Falamos de montes e lumes coa coordinadora galega. Buscamos en Caldas, Sanxenxo e Moraña como se vive este veran extraordinario. E, os últimos minutos, revisamos as estanterías da librería Cronopios.

Onda Cero Pontevedra

13/07/2020 15:48

Más de Uno Pontevedra (13-07-2020)

Analizamos os resultados e escoitamos todas as voces das eleccions ao Parlamento de Galicia. En Pontevedra, o PP logra ganar os comicios e o BNG incrementar o número de votos. Os socialistas non logran o obxectivo de superar os resultados da pasada convocatoria. Fora do esceario político centramos a atención na apertura dos parques infantiles no municipio. Repasamos as novas do deporte e o mundo do motor. E descubrimos a Semana Cultural Mariñeira de Bueu.