Radio local

Onda Cero Pontevedra

07/08/2019 14:16

Pontevedra en la Onda (07-08-2019)

Coñecemos o estado dos proxectos da Xunta con Jose Manuel Cores Touris, delegado territorial de la administración autonómica en Pontevedra. Escoitamos as explicacións do sector do mar ante a proliferación de estrelas de mar que dañan os bancos marisqueiros de ameixa. E pechamos tentando de buscar respostas rigurosas por ter rexistrado o mes de xulo máis caluroso da historia nas Rías Baixas.

Onda Cero Pontevedra

06/08/2019 14:36

Pontevedra en la Onda (06-08-2019)

O inicio das festas da Peregrina concentran parte do programa: cambios de tráfico e a resaca da celebración das peñas concentran a atención da Policía Local de Pontevedra. Conversamos con Manuel Omil, o portavoz deste corpo. Nesta liña, pulsamos a valoración de Miguel Lago, presidente de Zona Monumental, sobre o efecto das festas no centro histórico. Tamén, analizamos os últimos datos de trafico sobre os positivos rexistrados na Festa do Albariño. Sobre o varamento de golfiños na ría da Arousa falamos con biólogos do CEMMA. Pechamos coas recomendacións literarias de Cronopios.

Onda Cero Pontevedra

05/08/2019 15:49

Pontevedra en la Onda (05-08-2019)

Resaca da primeira celebración das peñas en Pontevedra. Un polémico feito de divertirse da mocidade. Recollemos algunhas voces a favor e en contra. Falamos da situación dos viticultores as portas da vendimia. Coñecemos o ánimo do sector turístico en Sanxenxo. Con Vai Polo Río facemos un primer balance da campaña de limpeza de Os Gafos e da realidade da canceira de Pontevedra. Finalizamos descubrindo artistas e grupos do panorama musical en ‘Cantamo en Galego’.

Onda Cero Pontevedra

01/08/2019 14:26

Pontevedra en la Onda (01-08-2019)

Arranca a festa do Albariño en Cambados, unha perfecta excusa para analizar a situación do sector viticultor na provincia de Pontevedra con Juan Gil, presidente da DO Rías Baixas. Conversamos co xerente da praza de touros sobre a feira taurina de Pontevedra. E nos interesamos pola Feira de Oportunidades que promove a Asociación Boa Vida de Pontevedra.

Onda Cero Pontevedra

30/07/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (30-07-2019)

Comezamos o programa repasando a actualidade deste martes de verán e escoitando o que a rúa responde. Buscamos a predicción do tempo e abrimos tempo de entrevista coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. Ademais, completamos o programa coas mellores recomendaciones lectoras desde Cronopios.

Onda Cero Pontevedra

29/07/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (29-07-2019)

Comezamos a semana repasando a actualidade deste luns e escoitando o que a rúa responde: cada día de verán escoitamos as opinións dos pontevedreses a pé de rúa. Buscamos a información do tempo e conversamos con Pablo Alcalá, director do Maestral Festival que esta fin de semana comeza en Sanxenxo. Como cada luns, falamos de motor con Abel Millán e buscamos ritmo a través da mellor música coa nosa sección "Cántamo... en galego!"

Onda Cero Pontevedra

26/07/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (26-07-2019)

Pechamos a semana repasando a actualidade do día e escoitando o que a rúa responde. Buscamos a previsión metereolóxica e marcamos unha completa axenda cultural, de ocio e festiva para desfrutar da fin de semana. Ademais, Javier Arnau lévanos ata Nova York no último "Enredados" da temporada.

Onda Cero Pontevedra

24/07/2019 06:00

Onda Cero Pontevedra

24/07/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (24-07-2019)

Abrimos o programa coa actualidade do día, escoitando o que a rúa responde e buscando a información metereolóxica. No tempo da entrevista conversamos co tenente de alcalde e portavoz socialista no Concello de Pontevedra, Agustín Fernández. Ademais, percorremos as praias pontevedresas con Sara Dorado e recibimos a visita da nosa coach de cabeceira, Raquel Pedrouso.

Onda Cero Pontevedra

23/07/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (23-07-2019)

Comezamos o programa repasando a actualidade deste martes de verán e escoitando o que a rúa responde. Buscamos a predicción do tempo e abrimos tempo de entrevista con Cora Velasco, a artista pontevedresa está de xira este verán co seu último disco "Sortilegios". Paseamos polas nosas praias e completamos o programa coas mellores recomendaciones lectoras desde Cronopios

Onda Cero Pontevedra

18/07/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (18-07-2019)

Analizamos o encontro entre Lores e Feijóo. Abordamos a polemica da concesión a Red Madre dun local público na sede de Benito Corbal en Pontevedra. Escoitamos as iniciativas do BNG e a defensa do colectivo situado no centro das críticas. A maiores, falamos co presidente de Zona Monumental pola repercusión comercial do peche peonil do Ponte do Burgo. E repasamos algunhas das praias máis atractivas para disfrutar do veran.