proyecto

PROGRAMA COMPLETO

15/11/2022 14:08

Más de Uno Pontevedra 15/11/2022

Abrimos o programa coa actualidade da xornada e conversando co concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Iván Puentes. Buscamos a previsión metereolóxica para as vindeiras horas e, como cada martes, volvemos ao Hotel Rías Bajas co almorzo informativo semanal, hoxe as nosas convidadas son Ana Santos desde "De vella a bella" e Ana Gómez, coordinadora de weall.org. Completamos o programa co espazo Cronopios e as mellores recomendacións de Mercedes Corbillón.

Máis de Un Pontevedra

15/11/2022 13:28

Puentes: "Coas obras da antiga ponte do ferrocarril sobre o Lérez gañaremos un novo miradoiro e unha senda peonil"

A concellería de Desenvolvemento Sostible de Pontevedra acaba de poñer en marcha o proxecto que permitirá rehabilitar a antiga ponte do ferrocarril sobre o Lérez e integrala na futura vía verde entre a cidade e Vilagarcía. Conversamos con Iván Puentes sobre esta actuación que transformará a vella infraestrutura nun fermoso miradoiro e fara que sexa accesible a través dunha senda en zigzag e dunhas escaleiras de madeira que conectarán coa praia fluvial. Trátase dun proxecto impulsado no marco da estratexia Pontevedra Flúe, que e da que o concelleiro Iván Puentes falará o vindeiro martes en Más de Uno Pontevedra"

Máis de Un Pontevedra

03/11/2022 14:20

Iván Puentes: "Traballamos nun pioneiro proxecto que permitirá controlar o rego de Valdecorvos e rematar cos asolagamentos en Fernando Olmedo"

O concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, asegura que acabar cos recorrentes asolagamentos que se producen na rúa Padre Fernando Olmedo "é posible e tanxible" e a solución, que forma parte da estratexia de renaturalización e loita contra o cambio climático Pontevedra Flúe, "foi estudada e deseñada en colaboración coa Universidade". Trátase dun proxecto pioneiro que xa foi remitido a Augas de Galicia, que se atopa en fase de autorización e que permitirá controlar as crecidas do rego de Valdecorvos mediante a creación dunhas lagoas artificiais que asumirán e reterán o incremento de auga en momentos de alto caudal.

Máis de Un Pontevedra

25/10/2022 14:52

Iván Puentes: "A exposición Pontevedra Flúe é unha oportunidade para coñecer en detalle o modelo de cidade verde e azul no que traballamos"

Pontevedra Flúe reúne unha vintena de proxectos que suman 20 millóns de euros e que permitirán renaturalizar os ríos e espazos naturais. Todos eses proxectos, que conforman un modelo de cidade verde e azul, son agora difundidos entre a cidadanía pontevedresa a través dunha exposición itinerante que a concellería de Desenvolvemento Natural acaba de inaugura na Ponte do Burgo. Coñecemos todos os detalles en compañía co concelleiro socialista Iván Puentes