Pontevedra en la Onda

Entre dos aguas

19/06/2019 06:00

Pontevedra y Amsterdam entre ríos y zuecos

La mirada de Rena Ortega, ilustradora y exploradora catalana afincada en Pontevedra, es capaz de conectar nuestra ciudad con cualquier lugar del mundo. Amsterdam es el destino de esta semana y aquí puedes escuchar el podcast

Reto Onda Cero Pontevedra - Carrera Ponle Freno 2019

19/06/2019 06:00

Los mejores fisioterapeutas nos cuidan en el Centro de Rehabilitación Grupo Quironsalud Miguel Dominguez

Nuestra compañera de Onda Cero, Susana Pedreira, y Alba Pérez siguen entrenando en compañía de los mejores profesionales. Cada semana hablamos de salud y deporte mientras preparamos la carrera Ponle Freno que el 29 de junio vuelve a Pontevedra. Hoy nos ha visitado Lucía Leirós, fisioterapeuta do Centro de Rehabilitación Quironsalud Miguel Dominguezde Pontevedra

Onda Cero Pontevedra

19/06/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (19-06-2019)

O inicio do programa trae a actualidade do día e conversa coa nº2 do PP en Pontevedra, Pepa Pardo, que acaba de ser designada como deputada provincial polo seu partido. Buscamos a predicción metereolóxica para as vindeiras horas e entrevistamos á gañadora do XVI Premio de Xornalismo Fernández del Riego, Inma López Silva. Retomamos a nosa cita semanal co deporte e a saúde a través dos protagonistas do "Reto Onda Cero Carrera Ponle Freno": hoxe visitounos Lucía Leirós, fisioterapeuta do Centro de Rehabilitación Quironsalud. Ademais, completamos o programa "entre dúas augas" con Rena Ortega.

Onda Cero Pontevedra

18/06/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (18-06-2019)

Abrimos o programa coa actualidade do día e conversando con Marcos Rivas desde a organización do Festival "Surfing the Lerez" que este venres e sábado volve celebrarse na Illa das Esculturas. Abrimos tempo de tertulia con Gerardo Lorenzo, María Varela, Rodrigo Cota e Rafa Cabeleira. Ademais, como cada martes, ampliamos as nosas bibliotecas particulares con novas recomendacións Cronopios: o escritor Alejandro Palomas é hoxe o protagonista

Onda Cero Pontevedra

17/06/2019 06:00

Cántamo en galego (17-06-2019)

Escoita aqui a sección musical con Comando Foucellas,Fondo Norte, Heredeiros da Crus e Familia Caamagno.

Onda Cero Pontevedra

17/06/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (17-06-2019)

Comezamos o programa coa actualidade do día nesta semana que comeza coa inauguración do edificio da Xunta rehabilitado en Benito Corbal. Buscamos a predicción metereolóxica e conversamos coa escritora Arantza Portabales nunha nova entrega de radio lectora desde Cronopios. Como cada luns, chega a información do motor con Abel Millán e Rubén Rey, e completamos o programa co ritmo de "Cántamo... en galego!"

Entre micros e libros

17/06/2019 06:00

Entre micros e libros

17/06/2019 06:00

Arantza Portabales: "Coa dor da perda podemos vivir pero co peso da culpa é moi difícil"

Volvemos fusionar os micros de Onda Cero cos libros de Cronopios e o resultado é un novo encontro lector no que acabamos falando da vida porque dela están cheas as historias que escriben os nosos convidados. A de Arantza Portabales comeza cunha morte, a de Xiana Alén, pero a vida é a gran protagonista xunto con todos os sentimentos que nos fan estar vivos: o amor, o odio, a obsesión, o medo. Nesta novela, en "Beleza vermella", hai alguén que movido polos sentimentos toma a decisión de matar, ese alguén pode ser unha das seis persoas que na noite de San Xoán están na casa na que aparece o cadáver da moza de 15 anos sobre un enorme charco de sangue. A posta en escea é moi artística porque hai quen ve beleza en lugares raros como pode ser no sangue que emana dun corpo morto, sangue tan vermello como unha cunca de cereixas. Volve escoitar neste podcast a entrevista con Susana Pedreira

Onda Cero Pontevedra

17/06/2019 06:00

Motor en la Onda (17-06-2019)

Escoita aqui a sección de motor como cada luns. Hoxe o protagonismo é para o Rali do Cocido. Abel Millán entrevista o piloto Ivan Ares e Ruben Rey fala con Juan López Frade.

Onda Cero Pontevedra

14/06/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (14-06-2019)

Comezamos o programa repasando a actualidade do día e da semana que despedimos. Enredámonos con Javier Arnau e buscamos a predicción do tempo para a fin de semana que temos por diante. Ademais, marcamos una completa axenda cultural, festiva e de ocio con protagonismo para a cidade de Pontevedra, Barro, Cuntis e Lalín.