Pontevedra en la Onda

Onda Cero Pontevedra

23/07/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (23-07-2019)

Comezamos o programa repasando a actualidade deste martes de verán e escoitando o que a rúa responde. Buscamos a predicción do tempo e abrimos tempo de entrevista con Cora Velasco, a artista pontevedresa está de xira este verán co seu último disco "Sortilegios". Paseamos polas nosas praias e completamos o programa coas mellores recomendaciones lectoras desde Cronopios

Onda Cero Pontevedra

19/07/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (19-07-2019)

Pechamos a semana celebrando a incorporación do novo grao de Deseño e Creación no campus universitario de Pontevedra. Falamos co futuro rector. Tamén, coñecemos o proyecto 'I-guais' que leva os usuarios de Cogami Pontevedra a crear un programa de TV para sensibilizar sobre a Igualdade o Diversidade. E, como cada venres, facemos un amplio repaso das actividades e iniciativas culturais e de ocio en diferentes concellos da contorna.

Onda Cero Pontevedra

18/07/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (18-07-2019)

Analizamos o encontro entre Lores e Feijóo. Abordamos a polemica da concesión a Red Madre dun local público na sede de Benito Corbal en Pontevedra. Escoitamos as iniciativas do BNG e a defensa do colectivo situado no centro das críticas. A maiores, falamos co presidente de Zona Monumental pola repercusión comercial do peche peonil do Ponte do Burgo. E repasamos algunhas das praias máis atractivas para disfrutar do veran.

Entre dos Aguas

17/07/2019 06:00

Pontevedra y Estocolmo, con Rena Ortega

La ilustradora catalana Rena Ortega está afincada en Pontevedra y su mirada nos conecta con otros lugares del mundo. Hoy hemos buscado puntos en común e inspiración entre Pontevedra y Estocolmo.

Onda Cero Pontevedra

17/07/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (17-07-2019)

Centramos a atención informativa na primeira xuntanza entre o presidente da Xunta e o alcalde de Pontevedra do mandato. Analizamos a seguridade de navegación nas rías tras o informe da investigación de Fomento sobre o naufraxio do 'Novo Marcos', no que falecían tres mariñeiros en 2017, apunta a falta de balizamento das bateas como principal causa. Falamos cos alcaldes de Caldas, por un lado, por problemas no centro de saude do concello, e, por outro, co rexedor de A Lama ante a declaración da primeira praia fluvial sen fume. Tamen compartimos a sección de Rene Ortega, Entre dos Aguas, dedicada nesta ocasión a Estocolmo.

Onda Cero Pontevedra

16/07/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (16-07-2019)

Martes centrados no pleno da Deputación de Pontevedra e na demada de Ciudadanos o goberno de Lores para que reaccione ante a posible perdida da Escola de Deseño e Moda. Conversamos con Goyo Revenga, líder desta formación política. Tamén, despexamos dubidas sobre a polémica dos Campings e o sector das Autocaravanas de Galicia. Coñecemos o proxecto da ONG Cativa Ledicia que permite a menores de Ucrania, afectados polo accidente nuclear de Chernóbyl, disfrutar da solidaridade de familias do concello de Poio, entre outras. E pechamos viaxando a lua a través dos libros coincidindo cos 50 anos da chegada do home no Apolo 11.

Onda Cero Pontevedra

15/07/2019 06:00

Onda Cero Pontevedra

15/07/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (15-07-2019)

Inicio de semana moi pendentes da folga de trens en Galicia. Con pleno da corporación de Pontevedra no que se debatiu a eliminación dos lombos sanitarios. Tamén coñecemos e conversamos co novo presidente da asociación de Hosteleiros de Pontevedra. Escoitamos as reivindicacións dos colectivos de defensa de animaís ante as romerias e touradas. E pechamos o programa coa sección 'Cántamo en Galego'.

Onda Cero Pontevedra

11/07/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (11-07-2019)

Comezamos o programa repasando a actualidade desta xornada festiva en Pontevedra e escoitando o que a rúa responde. Buscamos a información metereolóxica e percorremos as nosas praias. No tempo da entrevista conversamos co músico Carlos Nuñez que este domingo ofrecerá un concerto único no Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro. Ademais, falamos de educación coa nova coordinadora estatal da Rede de Escolas Asociadas da UNESCO, a pontevedresa Luisa Márquez. Como cada xoves, recibimos a visita de Carmen Quinteiro.