Temas

onda cero monforte

Monforte na Onda 18/03/2016

Monforte na Onda 18/03/2016

"20 anos sen Lois Pereiro" este sábado a partires das 12:00H na Casa da Cultura de Monforte. No programa de hoxe falamos desto con Alex Rodriguez da Asociación Náufragos do Paradiso que colabora coa iniciativa e co músico Gonzalo Herrero que presenta un tema musical que compuxo adicado ao poeta. Co alcalde de Sober repasamos a última hora da XXXVI edición da Feira do Viño de Amandi que se celebra esta fin de semana. Aida Menéndez, da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago pola Ribeira Sacra repasa actividade programada para o domingo e, entre outras cousas, falamos do campionado de Xadrez que se desenvolve no Ceip de Monforte con Enrique Rojo, da comisión organizadora.

Monforte na Onda 17/03/2016

Monforte na Onda 17/03/2016

Está de volta a delegación do CRDORS que estivo en Alemania na Feira Prowine, falamos dela co pte. do Consello, José Manuel Rodriguez. Ada Agarsar e Claudio Pombo presentan o acto que este sábado organiza o Club De Lectura la Librélula en homenaxe a Mª José Pérez. Entre outras cousas, falamos tamén dun novo museo que se pretende poñer en marcha con Casas de Monecas.

Monforte na Onda 16/03/2016

Monforte na Onda 16/03/2016

Abrimos programa conversando con Iván Patiño de Amanita Films do vídeo promocional da Feira Medieval de Monforte de Lemos e sobre a nominación de "Os días afogados" aos premios ‪Mestre Mateo 2016‬. No espazo "Facendo Empresa" a proposta de hoxe é coñecer algo máis de El rincón de finca el Carmen. Falamos da EPOC coa neumóloga do Hospital comarcal, Dra. Santalla e co Doutor Sousa Escandón, da charla que ás 20:30 impartirá na casa da cultura de ‪‎Monforte‬ e sobre a falta de urólogos que presten servizo no hospital monfortino.

Monforte na Onda 15/03/2016

Monforte na Onda 15/03/2016

O Concello de Sober convertido en espazo de creación artística co I Concurso de Decoración de Barricas. Os 12 participantes comenzaron a dar forma os seus traballos na Praza do Concello. Falamos desto co alcalde de Sober Luis Fernández Guitián. Tamén entrevistamos ao novo presidente da Asociación de Turismo Rural Ribeira Sacra, Francisco Xabier Almuiña Chorén. Coa presidenta da Asociación de Veciños "Eduardo Pondal" da Florida, Mila Fernández, falamos da conferencia que preparan para este mércores e con Rosa Macía, da comisión de Festas do Barrio da Estación, da cea de confraternidade que preparan para este venres para recadar cartos para as festas.

Monforte na Onda 14/03/2016

Monforte na Onda 14/03/2016

Un proxecto para elaborar iogur e outros postres artesás, gañador do concurso convocado pola Fundación Semente de Monforte. No programa de hoxe repasamos como foi o acto do sábado conversando con Severino Rodriguez, membro da Fundación e entrevistamos a Alex Moure, coautor do proxecto gañador. Con Eduardo Vidal, responsable da área de turismo da Deputación Provincial de Lugo, falamos das rutas fluviais que recuperan servizo a partir deste venres. Tamén o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra recupera para Semana Santa Viñobús‬ e Rutas do Románico‬, buscaremos máis información con Alexandra Seara, xerente do Consorcio. Co director de Evega, Juan Manuel Casares, falamos da Xornada Técnica sobre "Alternativas ao viño tradicional" que este xoves celebran no Concello de Sober e buscamos, coa presidenta do CCU, María José Senrra, balance da Feira de Oportunidades celebrada esta fin de semana.

Monforte na Onda 11/03/2016

Monforte na Onda 11/03/2016

Abrimos programa conversando con Andrés Montes e Angel Amaro do grupo Gin Toni's que este sábado actúan en Carude e presentan o DVD que gravaron no concerto das Festas Patronais Monfortinas. Entrevistamos a Patricia Vaud e Maro Carretero, integrantes dunha nova Asociación Cultural que se pon en marcha no Concello de Monforte de Lemos , A Xanela Vermella, e repasamos actividades que preparan no concello de Chantada onde hoxe arranca a Feira do Viño da que falamos co concelleiro de Cultura Manuel Diéguez.

Monforte na Onda 10/03/2016

Monforte na Onda 10/03/2016

Abrimos programa hoxe coa presidenta e o xerente do CCU de Monforte que nos contan actividades de promoción do comercio local que teñen preparadas para os próximos días e entrevistamos a un dos organizadores da homenaxe o Pai Esteban Martínez, o ex alumno Abel Veiga, que repasa os actos que proxectan para o 23 de abril. Da actualidade do día recollemos tamén un proxecto europeo que lidera o Concello de Sober para poñer en valor os recursos forestais.

Monforte na Onda 09/03/2016

Monforte na Onda 09/03/2016

Entrevistamos hoxe ao Conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, para que nos explique o proxecto de Centro Ocupacional que van poñer en marcha en Monforte. O ex alcalde Severino Rodríguez, valora a iniciativa en nome de pais e nais do C.E.E. Infanta Elena e fálanos do concurso empresarial que promove a Fundación Semente. Repasamos que se prepara para homenaxear o Pai Esteban Martínez e entre outras cousas, no espazo "Facendo Empresa", coñecemos a José Luis Otero e Iván Gómez, dous mozos emprendedores que apostan por facerse autónomos.

Monforte na Onda 08/03/2016

Monforte na Onda 08/03/2016

No programa de hoxe repasamos a situación da muller na zona sur de Lugo conversando coa asesora laboral da UGT, Berta Milia, e o secretario do sindicato, Mario Docasar. Entrevistamos tamén a Rosa María Rodriguez Ramos, axudante ferroviaria homenaxeada por mor de esta celebración, e a atleta Saleta Fernández récord galego de salto de altura no Campionato Nacional. E co deputado socialista Vicente Docasar repasamos iniciativas que presenta este mércores no Parlamento Galego. Escoitamos tamén que pensan os nen@ da celebración do Día da Muller.

Monforte na Onda 06/03/2016

Monforte na Onda 06/03/2016

Abrimos hoxe programación local conversando coa nova presidenta do PP de Lugo, Elena Candia. Entrevistamos tamén a Marina Doutón, concelleira responsable da área da Muller no Concello de Monforte de Lemos para repasar actividades que teñen programandas para conmemorar o ‪ Dia Internacional da Muller‬ e coñecemos algo máis do proxecto empresarial e-Monte, gañador da 1ª edición do Concurso de Proxectos Empresariais da Fundación Semente de Monforte, conversando con Victor Rivas, un dos promotores.