Temas

onda cero monforte

Monforte na Onda 04/03/2016

Monforte na Onda 04/03/2016

Conversamos con ‪‎Xoán Cannas‬ director do Instituto Galego do Viño sobre os ‪Premios que entregarán o luns e os que aspiran viños feitos na Ribeira Sacra. As xornadas gastronómicas do Cocido adícanse este sábado a cocidos de diversos puntos de España e Portugal, fálanos da iniciativa Beatriz Vila, delegada da Apelh. Entre outras cousas, rematamos hoxe co concurso de vales para traxes medievais.

Monforte na Onda 03/03/2016

Monforte na Onda 03/03/2016

Recuperamos este xoves o espazo "Facendo Empresa" e conversamos co xerente da adega Via Romana, Juan Luis Méndez. Falamos da adega como empresa e do "Desafío" que patrocinan esta fin de semana, unha carreira entre viñas, pioneira en Galicia. A UGT denunciou a empresa adxudicataria do mantenemento da N120 por despido improcedente. Cóntanolo o secretario comarcal da UGT, Mario Docasar e un dos traballadores despedidos, Francisco Soria. O representante da UGT analiza tamén o paro do mes de febreiro con 4.707 desempregados na zona sur de Lugo. E co barista Damián Seijas falamos do obradoiro de cócteles con viño de Amandi que dirixirá en Sober.

Monforte na Onda 02/03/2016

Monforte na Onda 02/03/2016

O hospital comarcal de Monforte é o primeiro centro do Sergas na provincia que implanta o rexistro telemático dos bebés que nacen nel. Levan rexistrado 8. Cóntanolo Javier Fernández, unha das persoas que atende o servizo. O hoxe arranca o mes do Amandi no Concello de Sober, con maridaxe de viño de Amandi e porco celta, un dos mestres da Escola de Hostaleria de Rosende, David Cidre, fala da experiencia. Son algún dos asuntos que repasamos no programa de hoxe.

Monforte na Onda 01/03/2016

Monforte na Onda 01/03/2016

Repasamos acordos do pleno celebrado onte en Monforte conversando co alcalde, José Tomé. De actualidade está tamén o Concello de O Saviñao onde foi aprovado un presuposto de 2,5 millons de euros, falamos delo co rexedor do citado concello, Joaquín González. Entre outros asuntos, preguntamos ao enólogo Luis Guitiérrez como lle foi a cata de viños da D.O. Ribeira Sacra que realizou esta maña para a guía Robert Parker's Wine Advocate.

Monforte na Onda 29/02/2016

Monforte na Onda 29/02/2016

Entrevistamos este luns á presidenta de PLADESAPU. Denuncia que remitan o hospital de Lugo intervencións que se viñan facendo no de Monforte. Antía Nieves Rodriguez voceira do BNG no concello de O Saviñao explica o voto encontra do seu partido aos orzamentos municipais. Este martes celebran no CEIP A Gándara xornada de portas abertas e cóntanos por que o xefe de estudos, Oscar González, a qué preguntamos polo distintivo de calidade que solicitaron ao Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. E entre outras cousas, tempo tamén no programa de hoxe, para conversar con Maximiliano López, autor dos cadros que se veremos na Galería Sargadelos a partir deste martes e ata finais de mes.

Monforte na Onda 26/02/2016

Monforte na Onda 26/02/2016

Este venres cata de calificación da última colleita da D.O. Ribeira Sacra. Conversamos con Miguel Sotuela, o rexedor do concello anfitrión deste evento e co pte do C.R. José Manuel Rodriguez. Atendemos o concurso de fotos do colectivo Lucecús, con Estela Martínez. Falamos de cocido por partida dobre: O Estase Concendo e do Día Internacional do Cocido que se celebra este sábado, con Beatriz Vila e Kris Pereira's. E con Tito Asorey de Teatro Muxicas falamos desta compañía que promove a ONCE e da obra que este sábado representan en Monforte.

Monforte na Onda 25/02/2016

Monforte na Onda 25/02/2016

Mulleres Empresarias Lugo e Concello de Monforte de Lemos organizan a 1ª Feira ‪da Muller ‎Emprendedora‬ a celebrar os días 26,27 e 28 no Espazo Expositivo da Praza de Abastos. Falamos desta actividade no programa de hoxe con María José Darriba. Entrevistamos á voceira de Esperta Monforte, Maribel García ,que presenta unha moción para que neste concello se identifique e promocione o Patrimonio Natural e Rural. Manuel Carballedo da Asociación Afamón, fala dos talleres de estimulación cognitiva polos que veñen de recibir un premio de 10.000 €. E Beatriz Soto, directora técnica do CRDORS explica como preparan a cata de calificación que farán este venres no Concello de Ribas de Sil. O xefe territorial de Medio Rural, Ramón Losada, adianta contido da charla que preparan para este venres en Monforte sobre Regulación Vitícola.

Monforte na Onda 24/02/2016

Monforte na Onda 24/02/2016

Lectura pública de textos de Rosalía de Castro na biblioteca municipal de ‪‎Monforte‬. Falamos desto coa concelleira de cultura Marina Doutón. Co alcalde monfortino, José Tomé Roca, repasamos o acordado coa Xunta para solucionar os problemas de saneamento no porto seco. Resumimos como foi a entrega de premios da Cata Concurso de Viños "Patrimonio Ribeira Sacra" con Luis Buitrón, presidente da Asociación Galega de Enólogos, coorganizaora da actividade, e no espazo "Facendo Empresa" hoxe conversamos con Pablo Rodriguez do Supermercado Mar y Cielo de Monforte.

Monforte na Onda 23/02/2016

Monforte na Onda 23/02/2016

Hoxe en Onda Cero Monforte conversamos con Bruna Vilas, estudante portuguesa que veu de Erasmus á ‪‎RibeiraSacra‬ para completar no Centro do Viño da Ribeira Sacra un Máster de Turismo, Territorio e Patrimonio. É noticia tamén hoxe este Centro porque ás 17:00h entregan os premios "Patrimonio Ribeira Sacra". Repasamos acto e cata cun dos responsables, José R.M.Mareque. Atendemos a novas do concello de A Pobra do Brollón conversando co alcalde, Xosé Lois Maceda, e con Andrea Jones falamos do rastrillo do Parque dos Condes.

Monforte na Onda 22/02/2016

Monforte na Onda 22/02/2016

Entrevistamos alumnos e unha profesora do IES Daviña Rei que nos presentan un "MetroMinuto" que elaboraron con lugares de interese da cidade de Monforte. Co alcalde de Sober repasamos actos que preparan para a Feira do Viño de Amandi e outras actividades previas, e buscamos a última hora sobre o congreso provincial do PP conversando con seguidores de cada unha das candidaturas.