Temas

onda cero monforte

Monforte na Onda 05/04/2016

Monforte na Onda 05/04/2016

Este martes, entre outros asuntos de actualidade, entrevistamos a Saleta Goy, viúva do poeta Manuel María. Repasamos datos do paro con Mario Docasar de UGT e con Luisa Astray, educadora da Unidade Asistencial de Drogodependencias, falamos do acto que teñen preparado esta tarde no Concello de Pantón.

Monforte na Onda 04/04/2016

Monforte na Onda 04/04/2016

A tráxica morte dun neno de 8 anos lévanos hoxe ata Sober. Falamos do suceso co alcalde soberino Luis Fernández Guitián e con Oscar Blanco, director do Colexio dos Escolapios onde estudaba o cativo. Entrevistamos ao inspector xefe da Comisaria de Policía de Monforte, Juan Mariñas. Repasamos como queda a nova directiva do CCU, que segue mantendo como presidenta a María José Senrra, coa propia María José, e co xerente Angel Folgueira, e entre outros asuntos, buscamos balance da VIII edición da Carreira Popular de Monforte co técnico de deportes Óscar Rodriguez.

Monforte na Onda 01/04/2016

Monforte na Onda 01/04/2016

Analizamos no programa de hoxe a situación na que se atopa o servizo de uroloxía do Hospital Comarcal de Monforte co único urólogo que hai nestes intres, o doutor Alejandro Sousa Escandón e tras pasar onte polos xulgados, hoxe entrevistamos a Carlos Somoza, xerente da empresa Alcor Seguridade que segue sendo investigado e imputado por varios delitos. Repasamos no programa de hoxe estes e outros asuntos da actualidade más próxima.

Monforte na Onda 31/03/2016

Monforte na Onda 31/03/2016

Integrantes da Federación de Traballadores de Seguridade Privada (FTSP) da Unión Sindical Obrera concéntranse diante dos xulgados de Monforte. Cóntanos por qué Fernando López, responsable provincial da FTSP-USO. Entrevistamos a Margarita Ledo, profesora, escritora e académica, que nos fala do documental que fixo sobre Manuel María e que hoxe presenta en Monforte nun acto no que tamén intervirá o escritor Antón Lopo, que tamén estará no programa de hoxe. E repasamos actividade monfortina conversando co alcalde, José Tomé Roca.

Monforte na Onda 30/03/2016

Monforte na Onda 30/03/2016

Semana Santa excepcional de turismo na Ribeira Sacra segundo os datos que manexa o Consorcio Turístico. No programa de hoxe repasamos estes datos coa xerente, Alexandra Seara. Facemos empresa presentándolles á nova xerente do Espazo Gastronómico da Praza de Abastos de Monforte. Co técnico de deportes, Óscar Rodríguez, repasamos novidades da VIII Carreira Popular que se celebra o domingo 3 de abril. Escoitaremos á deputada do PP, Julia Rodriguez, que segue con iniciativas relacionadas coa muralla de San Vicente, ao deputado socialista Vicente Docasar Docasar, con iniciativas relacionadas co ensino, e á voceira do BNG Pilar López que acusa ao alcalde de manipular a realidade para criticar a xestión do goberno anterior no tema de Aqualia.

Monforte na Onda 29/03/2016

Monforte na Onda 29/03/2016

Hoxe celebramos Festa Local en ‪Monforte‬ en homenaxe a patrona, á Virxen de Monserrat. O día inclue ritos que se repiten dende 1598. No programa de hoxe repasamos a historia desta tradición co investigador Felipe Aira. Geni Barbagelata, da Asociación de Amigos da Pandeireta repasa actividades que preparan para os próximos meses empezando por homenaxear este venres o poeta Manuel María. E con Rosana Somoza falamos de actividades solidarias que promoven dende a Asociación de Veciños de Rioseco.

Monforte na Onda 28/03/2016

Monforte na Onda 28/03/2016

Esta semana que hoxe encetamos rematará o venres cunha gran festa que prepara o CCU Monforte que ata este martes ten aberta na Compañía a ‪Pista de Xeo‬. Falamos desto coa presidenta do Centro Comercial Urbano, María José Senrra. Pero ademais toca facer balance da Feira Medieval que con grande éxito se celebrou esta fin de semana no Concello de Monforte de Lemos, para esto contamos coa concelleira de cultura Marina Doutón. E a presidenta da Plataforma en defensa da sanidade pública de Monforte, Francisca Vázquez, repasa asuntos denunciados en Bruxelas.

Monforte na Onda 23/03/2016

Monforte na Onda 23/03/2016

Abrimos o programa de hoxe entrevistando ás voceiras de Esperta Monforte e da Plataforma Sanitaria, Maribel García e Francisca Vázquez que seguen en Bruxelas, tentando voltar a casa, ainda impresionadas polo vivido onte na capital Europea. O espazo "Facendo Empresa" adicámolo a ISOBER unha empresa de servizos que nace en Gundivós, no Concello de Sober. E repasamos previsións turísticas para os días grandes de Semana Santa con Noelia Iglesias da empresa xestora do Centro do Viño. Última hora tamén, entre outras cousas, do Consorcio Turístico e do Ecomuseo de Arxeríz.

Monforte na Onda 22/03/2016

Monforte na Onda 22/03/2016

Para que vaian preparando axenda para o fin de semana repasamos no programa de hoxe actividades que se preparan en ‪‎Monforte‬ para a ‪Feira Medieval‬ e en Quiroga para a Feira do Viño.Conversamos cos alcaldes dos dous concellos, José Tomé e Julio Álvarez. Iremos tamén ata o Concello de O Incio para repasar coa alcaldesa Laura Celeiro, pleno celebrado onte. E repasamos actividades organizadas polo colectivo Lucecús con Daniela Vázquez.

Monforte na Onda 21/03/2016

Monforte na Onda 21/03/2016

O Concello de Sober recupera hoxe a normalidade despois da moita animación vivida durante a fin de semana coa ‪‎Feira do Viño de Amandi‬. Coa presentación esta tarde do libro "Galicia entre copas" rematan as actividades complementarias. Deste libro falamos hoxe co autor Mariano Fisac. Entrevistamos a María Abuín, de Máis que Romanico, que hoxe poñen en marcha visitas guiadas por Monforte. Falamos coa presidenta do CCU, María José Senrra, do éxito que está tendo a ‪Pista de Xeo que contrataron para esta Semana Santa e entre outras cousas, descubrimos novos materiais que os gandeiros utilizan como cama para os animais: areas de sílice. A innovación ao servizo do benestar animal.